Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A biblioteca da Xunta en Ourense conmemora o Día da Muller cunha mostra sobre a evolución do tratamento da violencia de xénero na prensa galega
O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, inauguran a exposición ‘Pobre Asunción!’ que permanecerá no espazo ourensán ata finais de maio
A Xunta recoñece o papel das mulleres na sanidade pública galega
As mulleres representan preto do 80% do persoal do Servizo Galego de Saúde, o que as converte no motor da sanidade pública de Galicia
O Sergas aumenta o investimento farmacolóxico para pacientes, tanto en atención primaria como en hospitalaria
O investimento farmaceútico alcanzou en 2021 os 1.348 millóns de euros. O 42% corresponde a terapias hospitalarias e o 58% a receitas
Feijóo destaca o compromiso de Galicia coa igualdade e avanza que a nova lei situará á comunidade na vangarda da loita contra a discriminación de xénero
Afirma que a igualdade é un principio que nos debe unir como sociedade: “A igualdade está nas nosas mans, nas do conxunto da sociedade: nas mans dos políticos, das familias, dos homes e das empresas”
Patricia Argerey: “a clave está na igualdade e nos equipos equilibrados, porque a innovación require de todo o talento”
A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, participou esta mañá nunha mesa redonda sobre mulleres que lideran a empresa actual e futura organizada polo Círculo de Empresarios de Galicia e Empresarias Galicia, en colaboración coas asociacións Executivas de Galicia e Mulleres en igualdade, con motivo do Día Internacional da Muller
A Xunta recibe 11 ofertas para a xestión e mantemento da depuradora dos Praceres, en Pontevedra, que suporá un investimento de case 10,2 M€
Garántese así o funcionamento das instalacións durante os vindeiros dous anos, prevendo o novo contrato a posibilidade de prórroga por un máximo de 36 meses
Fernández-Tapias destaca o éxito das políticas da Xunta na conquista dunha igualdade real e efectiva
A delegada territorial da Xunta en Vigo, , Marta Fernández-Tapias, participou hoxe nun encontro con mulleres emprendedoras viguesas ás que identificou como o espello no que poderán mirarse as novas xeracións
A Xunta aborda coas federacións provinciais de comercio medidas conxuntas para reforzar o sector
O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, mantivo hoxe un encontro con representantes destas asociacións de comerciantes no que os informou das convocatorias de axudas previstas para este ano
Fabiola García sinala que Galicia pode presumir dun novo modelo residencial de consenso co sector e á vangarda de España
Os piares da atención residencial aséntase nunha humanización no trato e as reformas estruturais, o aproveitamento do potencial tecnolóxico e as melloras na coordinación sociosanitaria