Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

09/03/22 | 12:32 | C. de Economía e Industria

A Xunta aprobou en dous meses máis de 300 axudas en Lugo para evitar cortes de subministración eléctrica a persoas vulnerables

O delegado territorial, Javier Arias, sinala que continúa aberto este programa de achegas, que o pasado ano deixou na provincia 204.300 euros para 618 beneficiarios

09/03/22 | 12:31 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias celebra que o concello de Vigo aprobe a urbanización da primeira fase de San Paio de Navia case un ano despois de recibir o proxecto

A delegada territorial da Xunta na cidade subliña que con esta decisión se desbloquea un proxecto clave desde o punto de vista residencial e lembra que o Executivo municipal aínda ten que pronunciarse sobre os polígonos 2 e 3

09/03/22 | 12:24 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias visita o Cee Saladino Cortizo, o único centro educativo de Galicia con FP Dual para o alumnado con necesidades educativas especiais

Segundo indicou a delegada territorial da Xunta en Vigo, a implantación desta modalidade no centro vigués permite incorporar a formación na empresa no ciclo de Xardinería e viveirismo que actualmente cursa o alumnado con atención específica

09/03/22 | 11:54

A Xunta e Porto do Son comprométense a colaborar para velar pola disciplina urbanística no concello

Jacobo Hortas indicoulle que recentemente se publicou o Plan de inspección, que priorizará as actuacións de vixilancia e inspección urbanística nos concellos costeiros e naqueles que teñan territorio nun espazo natural

09/03/22 | 11:22

A Xunta e o concello de Lobios abordan proxectos para converter o Xurés nun parque natural máis resiliente e inclusivo

Ángeles Vázquez adiantoulle á rexedora que a Xunta executará unha actuación para crear unha senda peonil para persoas con diversidade funcional na contorna do balneario da Corga da Fecha

09/03/22 | 11:21 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia a información pública do proxecto de construción dunha beirarrúa na estrada autonómica PO-315 ao seu paso por Beluso, no concello de Bueu

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, anuncia este novo avance administrativo para esta actuación de reforzo da seguridade viaria nunha visita, co alcalde, Félix Juncal, ao treito entre A Achadiza e A Costa de Figueirón

09/03/22 | 11:12 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica no DOG o cambio de titularidade a prol do concello de Rois dunha superficie de máis de 4.100 m2 no dominio público adxacente á AC-301

Trátase dunha franxa de terreo situada na marxe dereita da estrada autonómica que comunica Padrón e Augasantas, entre os puntos quilométricos 1+450 e 1+560

09/03/22 | 10:21 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 17.462 casos activos por coronavirus

Un total de 491.076 pacientes xa están curados

08/03/22 | 21:35

A Xunta invita ás mulleres a “Sumar Talento” en Lalín na entrega de premios Maruja Gutiérrez polo 8-M

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, referendou o compromiso da Xunta para apoiar o liderado e a participación das mulleres en todas as esferas

08/03/22 | 20:16 | Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta presume da calidade e igualdade do balonmán galego tras a clasificación dos seus mellores equipos -Guardés e Cangas- para a Copa da Raíña e do Rei

Lete Lasa asegura “que ambos os dous equipos se clasifiquen simultaneamente para unha competición na que xogan os oito mellores equipos de España, é unha noticia marabillosa nun día tan importante de visibilización da igualdade como é o 8 de marzo”