Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

08/03/22 | 11:48

A Xunta convoca unha nova edición de obradoiros duais para formar a 1.600 persoas sen emprego

A nova edición prevé que concellos, mancomunidades e entidades sen ánimo de lucro do sector forestal desenvolvan uns 80 talleres

08/03/22 | 11:39

Lorenzana anima á mocidade a ser “embaixadora” da igualdade, na entrega de premios do concurso de carteis convocado para conmemorar o 8-M

A conselleira de Emprego e Igualdade emprazou ás persoas novas a facer viral a loita pola igualdade os 365 días do ano

08/03/22 | 11:25 | A Presidencia da Xunta

Feijóo pide que a Conferencia de Presidentes aborde a aprobación dun Plan de acollida aos refuxiados de Ucraína

Subliña a necesidade de coordinar os esforzos de todas as Administracións e canalizar a corrente de solidariedade existente

08/03/22 | 11:15 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca a importancia da Lei de Acción Exterior na proxección da cultura galega en todo o mundo

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, participou esta mañá na xornada organizada pola Xunta e o Consello da Cultura Galega para informar da norma aos axentes culturais no seu primeiro aniversario

08/03/22 | 11:13 | C. de Economía e Industria

Conde resalta que a candidatura galega ao Perte de enerxías renovables suma iniciativas que poden chegar a mobilizar máis de 3800M€

Salienta que conta coa colaboración de empresas de referencia no sector como Naturgy, Iberdrola, EDP Renovables, Repsol e Navantia, ademais de prestar especial atención ás pemes

08/03/22 | 10:51

Ángeles Vázquez reivindica o papel e contribución das mulleres na loita contra o cambio climático

Recorda que o lema do Día Internacional da Muller deste ano é Igualdade de xénero hoxe para un mañá sostible, co que visualizar a importancia da muller en todas aquelas medidas e accións que garantan o futuro de Galicia e do patrimonio natural

08/03/22 | 10:26 | C. do Medio Rural

A Xunta amplía o prazo de solicitude e autoriza o pago de anticipos das axudas para a incorporación de mozos ao agro, plans de mellora e a creación de pequenas explotacións

O DOG publica hoxe a orde que prolonga o prazo de presentación de solicitudes deica o 11 de abril de 2022, mentres as obras e construcións que precisen de licenza municipal ou doutros permisos deberán presentalos, como tarde, o 15 de setembro

08/03/22 | 10:11 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 16.856 casos activos por coronavirus

Un total de 489.780 pacientes xa están curados

07/03/22 | 19:41 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca o éxito da aposta pola calidade do Condado-Paradanta para mellorar a imaxe do destino

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, fixo entrega das distincións ás 47 empresas e entidades distinguidas polo seu compromiso coa calidade neste xeodestino