Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

07/03/22 | 11:54 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez destaca o compromiso cos servizos educativos en Salvaterra de Miño cun investimento de 1,4 M€ concentrado en dous anos

Subliña que a ampliación dos talleres do instituto responde á aposta da Xunta por impulsar as ensinanzas de FP, coa dotación de infraestruturas modernas e innovadoras

07/03/22 | 11:50 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia asistiu 58 persoas por 44 accidentes de circulación durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 4 de marzo ata as 23,59 horas do domingo, 6 de marzo, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 57 chamadas por accidentes de tráfico

07/03/22 | 10:57 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta investiu máis de 124.000 € na mellora das infraestruturas turísticas de cinco concellos da comarca de Bergantiños-Costa da Morte

A Xunta financia con esta orde actuacións de mellora das infraestruturas turísticas coas que o Goberno galego avoga pola consolidación do turismo nas zonas rurais a través da posta en valor da súa riqueza histórica, cultural, patrimonial e paisaxística

07/03/22 | 10:49 | C. de Economía e Industria

A Xunta abre mañá o prazo de presentación de solicitudes da nova convocatoria de Unidades Mixtas de Investigación coa que agarda apoiar 10 proxectos

O Goberno galego reforza este instrumento e, como novidade, ofrece unha nova liña para impulsar centros mixtos de investigación entre empresas e organismos de coñecemento

07/03/22 | 10:39 | C. do Medio Rural

Preto de 40 solicitantes recibirán case 3,4 M€ da Xunta para fomentar a elaboración e a comercialización de produtos vitivinícolas

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da Consellería do Medio Rural que recolle un total de 39 beneficiarios da convocatoria do ano pasado destas achegas

07/03/22 | 10:25 | C. do Medio Rural

A Xunta ingresará un importe superior aos 1,13 M€ a máis dunha vintena de beneficiarios para promocionar os viños galegos fóra da Unión Europea

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución que lle dá publicidade aos beneficiarios destas achegas convocadas en 2021, que buscan dar a coñecer os nosos viños nos mercados de terceiros países

07/03/22 | 10:19 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 16.725 casos activos por coronavirus

Un total de 488.152 pacientes xa están curados

06/03/22 | 13:59

Galicia prepárase para a adaptación dos grupos de acción local de pesca ao futuro fondo europeo

A Xunta porá a disposición dos candidatos a grupos que resulten admitidos unha liña de axudas para a fase preparatoria co obxectivo de apoialos no desenvolvemento de accións de formación e estudos relativos á zona obxecto da estratexia de desenvolvemento local participativo

06/03/22 | 12:58 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia este luns novos traballos de limpeza nas marxes da estrada AC-552 ao seu paso polos concellos da Coruña, de Arteixo, da Laracha e de Carballo

Continuarase cos traballos en execución nas estradas autonómicas AC-234 e AC-840, nos municipios de Arzúa e de Melide, respectivamente

06/03/22 | 12:57 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

As obras da 1ª fase de mellora da estrada autonómica LU-231 entre Friol e Palas de Rei fan necesario un corte de tráfico a partir do martes

O corte, que se prolongará ata o 23 de maio, é preciso para avanzar nas obras de acondicionamento dos primeiros 9,4 km da estrada LU-231, coincidente co treito entre a travesía de Friol e o acceso a Castrelo