Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

07/03/22 | 15:01 | C. de Economía e Industria

A Xunta e o CSIC avalían novas oportunidades no eido da investigación e a innovación para superar os retos actuais

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo unha reunión esta mañá en Madrid coa presidenta do CSIC, Rosa María Menéndez, para analizar as iniciativas nas que están a colaborar de xeito conxunto

07/03/22 | 14:24 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A mostra itinerante inclusiva ‘Hoxe toca o Prado’ chega ao Museo de Belas Artes da Coruña

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e o delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, participan na apertura da exposición promovida polo Museo Nacional do Prado co apoio da Fundación AXA e a colaboración da ONCE

07/03/22 | 14:16 | C. de Economía e Industria

A Xunta achega ás pemes en Baleira instrumentos de apoio para potenciar a súa competitividade e crecemento

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, participou hoxe no concello lucense na primeira etapa da iniciativa Camiño de futuro, dentro da cal se celebrarán un total de 14 encontros para difundir os instrumentos de apoio ás empresas galegas, así como achegar casos de éxito empresarial

07/03/22 | 14:08

A bonificación do canon de Sogama durante os últimos tres anos aforrou aos galegos máis de 9,7 M€

Para 2022, este aforro poderá superar os 11 M€, xa que, á bonificación do 10%, engádese a rebaixa do 5% que a empresa pública aplicará a todos os concellos adheridos ao seu sistema de xestión, coa particularidade de que non se computará o IPC correspondente

07/03/22 | 14:01 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez anuncia o inicio dos traballos que reforzarán os usos museísticos da Catedral de Tui

Trátase da primeira das actuacións previstas neste templo ao abeiro do Plan Catedrais 2021-2027, cun investimento global de 9,4 millóns de euros

07/03/22 | 13:35

Galicia viviu un inverno moi cálido e seco durante o que se rexistrou a menor cantidade de chuvia da década

O resumo do informe climatolóxico estacional de MeteoGalicia conclúe que choveu un 37 % por debaixo do agardado, sendo o ano 2012 o precedente máis próximo

07/03/22 | 13:32 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Sanidade

A Xunta asina a acta de replanteo das obras de ampliación do Complexo Hospitalario de Ourense, que se iniciarán a finais de marzo cun investimento de preto de 52,6 M€ e xerarán preto de 1.000 empregos

Construirase un novo edificio de hospitalización e reformarase o actual Hospital Materno Infantil, ao tempo que se melloran os accesos, incrementando a superficie construída nun 11%, ata superar os 136.000 m²

07/03/22 | 13:27 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
07/03/22 | 13:24

A Xunta libera na Lanzada un mazarico negro que foi curado no Centro de Recuperación de Fauna Silvestre de Cerdedo-Cotobade

O delegado territorial en Pontevedra, Luis López, procedeu á solta desta ave no observatorio de aves da Lanzada despois de 13 días de coidados, alimentación e exercicios na citada instalación autonómica, a onde chegou cunha forte debilidade nas súas patas tras ser atopada en Campañó

07/03/22 | 13:21 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García sinala que o Goberno galego fomenta a igualdade de oportunidades coa creación de servizos de atención á infancia no rural

O Goberno galego destina 42.500 euros á escola infantil municipal para o seu mantemento e para a implantación da gratuidade para segundos fillos e sucesivos