Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta inviste 100.000 € na mellora da singularidade e accesibilidade dos núcleos de Nogueira do Miño e San Lourenzo de Barxacova na Ribeira Sacra
Nestes dous ámbitos realizáronse obras para acondicionar os lugares de acceso dos visitantes, asegurar os muros e valados existentes, e retirar maleza, co fin de reducir os impactos que afectaban e esta contorna próxima ao Camiño de Inverno
A Xunta galardoa cos Premios Fin de Carreira a seis titulados de música, deseño, arte dramática e conservación e restauración de bens culturais
Todos eles remataron os seus estudos de ensinanzas artísticas superiores no curso 2020-21 en centros públicos de Galicia
A Xunta apoia con 12.000 euros o programa de promoción da autonomía persoal de ASEM Galicia con cargo ao IRPF
Con esta achega económica fináncianse servizos de terapia ocupacional, atención psicolóxica, fisioterapia ou de formación para a vida independente
A Xunta reforza o impulso da literatura galega no exterior coa incorporación de cinco novos autores ao portal especializado Pórtico of Galician Literature
En virtude do acordo con esta publicación que conta con usuarios procedentes de máis de 130 países, véñense de incluír obras dos escritores Xesús Fraga, Santiago Lopo, Lito Vila Baleato, Luísa Villalta e An Alfaya
A Xunta e o Concello de Trazo estudan a posibilidade de implantar polígonos agroforestais para a produción de forraxe para o gando
José González sinalou que a implantación desta ferramenta de recuperación e posta en valor da terra, recollida na Lei de recuperación da terra agraria de Galicia, permitirá poñer en produción grandes áreas de terra agroforestal con boa capacidade produtiva
A Xunta impulsa as redes locais de innovación a través da iniciativa Camiño de Futuro
A Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación pon en marcha unha serie de 14 encontros en concellos de toda Galicia para difundir os instrumentos de apoio ás empresas galegas
A Xunta adxudica a Abanca a xestión das tarxetas da nova edición do bono turístico, que os usuarios poderán reservar a partir de mediados deste mes
A vindeira semana publicarase no Diario Oficial de Galicia a convocatoria do bono turístico #QuedamosenGalicia22 e abrirase o prazo para que se sumen as empresas que queiran participar nesta nova convocatoria
Galicia rexistra un total de 17.023 casos activos por coronavirus
Un total de 486.485 pacientes xa están curados
A Xunta pon en valor o talento feminino da comarca da Mariña e aposta polo medio rural para favorecer o emprendemento das mulleres como motor de cambio
A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou hoxe na presentación do documental Referentes femininos na Mariña lucense realizado pola Anpa do IES Alfoz-Valadouro, que contou co financiamento da Consellería de Emprego e Igualdade
A Xunta contribúe a poñer en valor o patrimonio e consolidar a oferta turística de Cerdedo-Cotobade co novo centro cultural e turístico Antonio Fraguas
O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, inauguraron a reforma e restauración do antigo cine-baile da parroquia de Carballedo, unha obra na que a Xunta investiu 350.000 euros