Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
O CGAC convida a percorrer a historia da arte máis recente a través de obras incorporadas a súa colección nas dúas últimas décadas
Con pezas de máis de 20 artistas, esta iniciativa da Xunta volve situar os fondos do museo como eixe imprescindible e central do traballo ao igual que xa fixo con mostras no Museo do Mar de Galicia, en Vigo, e no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense
Galicia e Francia impulsan a colaboración en proxectos educativos, lingüísticos e culturais
A Xunta asina convenios coas Région Académique Hauts de France e Région Académique Bretagne para intercambios de alumnado e profesorado e a posta en común de boas prácticas
A Xunta acomete melloras nos colexios A Pedra e Montemogos de Bueu cun investimento de case 90.000€
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, acompañado do alcalde de Bueu, Félix Juncal, supervisou as obras de modernización integral dos aseos en dúas plantas do CEIP Plurilingüe A Pedra cun orzamento de case 48.000€
A Xunta impulsa os valores da dieta atlántica entre o alumnado galego de Bacharelato e Formación Profesional
A través da iniciativa “Alimentación Saudable e Dieta Atlántica” os futuros restauradores recibirán formación práctica no CSHG sobre cociña saudable elaborada con criterios da dieta atlántica
A Xunta e o Clúster Viratec colaborarán na aplicación de solucións ambientais que reduzan o consumo enerxético e as emisións no eido residencial
Na véspera do Día mundial da eficiencia enerxética, Ángeles Vázquez subliña a gran oportunidade que suporán as novas axudas para rehabilitación enerxética de inmobles, que permitirán intervir nunhas 11.500 vivendas
A Xunta inscribe no rexistro BIC de Galicia o dolmen da Pedra Embarrada de Coristanco, o que supón oficializar a súa protección patrimonial
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución que dá resposta a unha solicitude do Concello de Coristanco e recoñece deste xeito o seu réxime de salvagarda
A Xunta aproba o proxecto de construción de dúas sendas na estrada OU-101, ao seu paso polos concellos de San Cibrao das Viñas, O Pereiro de Aguiar e Paderne de Allariz
Desenvolveranse novos itinerarios peonís e ciclistas na marxe esquerda da vía, no núcleo da Medorra e ao longo do Parque Tecnolóxico de Galicia, e no Paiseo
Abertas as inscricións do programa ‘Impulsa’ da Xunta que dará formación en liderado a 100 mulleres
A Consellería de Emprego e Igualdade desenvolve esta acción para mellorar a empregabilidade das mulleres galegas e orientalas cara a sectores emerxentes
Axentes da Unidade de Investigación de Incendios Forestais (UIFO) e da Policía Autonómica esclarecen dous lumes nos concellos coruñeses de Rois e Boiro
No caso de Rois, a investigación levada a cabo pola UIFO e a declaración dunha testemuña permitiron a detención e a posta a disposición xudicial dunha persoa como presunta autora dun delito de incendio forestal intencionado
Conde destaca que o selo Galicia Calidade nos produtos Quescrem avala unha aposta continuada pola valorización do sector lácteo galego
Conde cualificouna como unha marca comprometida co territorio, coa sustentabilidade e coas novas demandas do mercado ás que dá resposta a través da I+D+i, que está no seu ADN