Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

03/03/22 | 13:28 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Fundación Antonio Fraguas convoca a XII edición do seu proxecto didáctico co apoio da Xunta

O secretario xeral de Política Lingüística e o presidente da fundación presentaran hoxe no Museo do Pobo Galego as bases da convocatoria

03/03/22 | 13:20

A Xunta demanda que a nova regulación laboral atenda as necesidades reais das micropemes

A directora xeral de Relacións Laborais participou hoxe nunha sesión informativa sobre a normativa laboral organizada por APE Galicia

03/03/22 | 13:03

A Xunta convoca un curso de recolector de recursos específicos con técnicas de mergullo para 12 persoas

As persoas interesadas en matricularse poden facelo ata o próximo mércores e as accións formativas impartiranse entre os meses de abril e xuño

03/03/22 | 12:43 | C. de Sanidade

A Xunta estenderá a partir da vindeira semana o modelo organizativo Xide aos servizos de pediatría de atención primaria

Tal e como sinalou no Parlamento a directora xeral de Planificación e Reforma Sanitaria, Estrella López-Pardo, os servizos de atención primaria de Culleredo e Illas Canarias comezarán a utilizalo o vindeiro luns

03/03/22 | 12:38 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca o importante traballo dos voluntarios de Protección Civil para reforzar os servizos de emerxencias

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, visitou hoxe aos voluntarios de Protección Civil de O Saviñao, aos que apoiou nos últimos anos nos seus gastos de funcionamento e na dotación de equipamento

03/03/22 | 12:35 | C. de Economía e Industria

A Xunta de Galicia reafirma o seu apoio ao sector biotecnolóxico e ao emprendemento innovador no encontro Internacional Biogalicia Summit

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, destacou na súa intervención no acto inaugural que son dous ámbitos prioritarios para as políticas de I+D+i da Administración autonómica

03/03/22 | 12:25 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Condetrespés e o Centro Dramático Galego estrean ‘Rastros’ en Santiago no marco da programación da Xunta na Rede Galega de Teatros e Auditorios

Lévase a escena a peza de Roberto Vidal Bolaño coincidindo cos 20 anos do seu pasamento, con adaptación e dirección de Lois Blanco e funcións no Teatro Principal os días 4 e 5 ás 20,30 horas

03/03/22 | 12:24 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta impulsa a creación dun espazo de reciclaxe e autorreparación de residuos no Rosal cun investimento de 30.000€

O delegado territorial, Luis López, e a directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, Sagrario Pérez, visitan este novo servizo, emprazado nun edificio municipal da rúa Cumieira de Arriba, xunto á alcaldesa, Ánxela Fernández

03/03/22 | 12:17

A Xunta priorizará a inspección urbanística nos concellos costeiros, con espazos naturais e polos que discorra o Camiño de Santiago

A Axencia de Protección da Legalidade Urbanística publica o seu programa bianual de traballo, que tamén dará preferencia aos expedientes de reposición da legalidade que afecten aos espazos protexidos

03/03/22 | 12:09

Galicia aposta pola simplificación do Fondo Europeo Marítimo-Pesqueiro e pola súa adaptación á realidade do sector

Silvia Cortiñas subliña que Galicia leva traballando desde a aprobación do actual FEMP para axilizar e simplificar a súa tramitación e realizou distintas xestións ante as institucións europeas para que o futuro Fempa sexa máis áxil e acorde á actividade dos distintos elos da cadea mar-industria galega