Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta tramita a inscrición dos montes Tuxe e Cambela, no concello do Bolo, no rexistro de masas consolidadas de frondosas autóctonas
O DOG publica hoxe os anuncios da Consellería do Medio Rural polo que se someten a información pública ambos procedemento de inscrición no devandito rexistro
Galicia rexistra un total de 16.933 casos activos por coronavirus
Un total de 483.012 pacientes xa están curados
A Xunta aproba as primeiras 14 normas técnicas da Artesanía Alimentaria de Galicia e os tres distintivos que identificarán este tipo de produtos no mercado
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde que establece os requisitos para a elaboración artesanal de produtos lácteos, cárnicos ou de pastelaría, así como para as conservas vexetais, o mel, o chocolate, a sidra, a cervexa ou o aceite de oliva
Xunta, Ministerio de Traballo e Concello de Santiago avanzan a axenda da capitalidade da economía social
Á cita acudiron, entre outros, a directora xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Covadonga Toca; a directora xeral de Economía Social do Ministerio de Traballo, Maravillas Espín; e o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo
Conde asegura que Galicia só pode concibir da man do talento feminino o desenvolvemento dos seus sectores estratéxicos
O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, participou hoxe no foro ‘Esenciais en bioeconomía’ que se celebra ata mañá en Santiago de Compostela
A Xunta pon en valor a contribución do programa Re-Mar á redución dos residuos mariños no arco Atlántico Galego
Nesta edición da iniciativa preténdese incidir máis nos danos colaterais que sofren as especies mariñas que habitan na Rede Natura 2000, promocionando á súa vez a visibilización e o empoderamento das persoas con discapacidade intelectual
O Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro comeza a programación de primavera tras recuperar as cifras prepandemia de visitantes
Entre as propostas previstas ata maio haberá visitas guiadas diarias, unha ruta ornitolóxica, sesións de ‘escape room’ e un encontro de investigadores e colectivos relacionados coa arte rupestre
A Xunta expón nun encontro coas comunidades autónomas os avances de Galicia en materia de dependencia
Na xornada, que levaba o título de ‘La oportunidad de un nuevo impulso para la atención a la dependencia’, explicou as medidas incluídas no Plan de Choque posto en marcha pola Consellería de Política Social
Trenor destaca o gran avance na alimentación eléctrica do polígono da Sionlla coa nova subestación de Naturgy que contou cun apoio da Xunta de 3,7 millóns de euros
O delegado da Xunta supervisou o funcionamento desta nova instalación que serve tamén de apoio á rede existente da subestación de San Caetano
Galicia dá novos pasos cara unha nova Lei de Igualdade baseada na loita contra a discriminación e os ataques sexistas e na plena igualdade laboral
Feijóo avanza que este mes se iniciará a consulta pública previa para que a sociedade poida facer as súas achegas para enriquecer a futura normativa