Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

02/03/22 | 14:47 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta traslada ao Goberno central a súa "total dispoñibilidade" para colaborar no acollemento de menores ucraínos

Malia que a prioridade é manter a unidade das familias refuxiadas, pon os seus recursos a disposición no caso de que o Executivo central realice actuacións específicas para nenos ou adolescentes do sistema de protección de Ucraína

02/03/22 | 14:31 | Secretaría Xeral de Emigración

Emigración e a Academia Galega do Audiovisual achegan aos galegos do exterior o ciclo de cine Mestre Mateo

Oito centros galegos de América, Europa e resto de España poderán visualizar dende marzo a decembro as catro filmes finalistas nas categorías, tanto de mellor longametraxe como de mellor documental, nos premios Mestre Mateo

02/03/22 | 14:25 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora co Concello de Xunqueira de Espadañedo na creación dun parque infantil

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, comprobou hoxe as actuacións levadas a cabo ao abeiro da Orde de Infraestruturas de uso público

02/03/22 | 14:18 | C. de Sanidade

A Xunta inicia as obras do futuro Centro de Produción de Terapias Avanzadas de Galicia que situará a comunidade á vangarda na medicina personalizada

A terapia CAR-T pode conseguir que o sistema inmune do paciente recupere a capacidade de recoñecer e destruír as células tumorais de maneira selectiva

02/03/22 | 14:08 | C. de Facenda e Administración Pública

Trenor anuncia a convocatoria pública para o reparto dos 12 locais do Espazo Amizar para entidades sociosanitarias ante o déficit de locais na cidade da Coruña

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as condicións, en réxime de concorrencia competitiva, para a ocupación temporal por un máximo de catro anos dos locais da terceira planta deste novo edificio administrativo

02/03/22 | 14:07 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. do Medio Rural

Trenor informa que o 9 de marzo remata o prazo para solicitar as axudas para a incorporación de mozos, plans de mellora e para o desenvolvemento de pequenas explotacións agrarias

O delegado da Xunta visitou a explotación gandeira Pose, beneficiada -durante as tres últimas convocatorias- polas achegas para plans de mellora, o que lle permitiu modernizar as súas instalacións e equipamentos

02/03/22 | 14:04 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por máis de 1,5 M€ o desenvolvemento dun sistema para optimizar o consumo enerxético e garantir a calidade da auga vertida nas depuradoras

A solución desenvolverase de forma piloto nas depuradoras de Baiona, Nigrán e Gondomar, co fin de cubrir o maior rango de procesos habituais destas instalacións de pequeno e mediano tamaño

02/03/22 | 13:51 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O poeta letón Arvis Viguls, gañador da segunda edición do Programa de residencias literarias para tradutores da Xunta

É un dos máis prometedores e aclamados poetas mozos de Europa e ao abeiro desta iniciativa traducirá o poemario A vida salvaxe, do galego Gonzalo Hermo

02/03/22 | 13:44 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta promove coas Residencias Artísticas do Gaiás 25 proxectos de vangarda e anuncia unha convocatoria para sumar novos colectivos

O secretario xeral de Cultura presenta en rolda de prensa as principais novidades dun programa que consolida o papel do Gaiás como espazo para a creación, en liña cos obxectivos do II Plan Estratéxico da Cidade da Cultura

02/03/22 | 13:37

A Xunta impulsa a transformación do peirao de Palmeira en base ao anteproxecto do arquitecto David Chipperfield

Os traballos previstos, en coordinación co Concello de Ribeira, permitirán renovar a imaxe da dársena e facela máis operativa para os profesionais do mar e máis atractiva para os veciños e visitantes