Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Ethel Vázquez avanza a licitación por máis de 487.000 € das obras para dotar de saneamento os núcleos de Viladónega, O Outeiro e O Pedral, en Boimorto, que estarán rematadas a comezos de 2023
Construirase unha rede de colectores e unha depuradora para o tratamento das augas residuais dos 3 lugares de Boimorto, con vivendas unifamiliares dispersas, ademais dunha pequena explotación gandeira e un bar
Román Rodríguez destaca que a nova área educativa do centro de Lugo contará con investimentos da Xunta en todos os seus centros
Recorda que a urbe da Muralla é a que máis investimento en obras educativas está a concentrar neste momento en toda Galicia, e que o esforzo inversor desde 2009 suma xa 21,2M€
A Xunta abre unha nova convocatoria para crear 12 novas casas niño e superar os 100 centros repartidos por toda a comunidade
O Goberno galego investirá máis dun millón de euros nesta convocatoria, que permitirá a posta en marcha de 60 novas prazas de atención á infancia no rural
A Xunta aposta pola recuperación do turismo grazas ao Plan Camiña e destaca a inversión de 1 M€ en diversas actuacións de mellora e de promoción no Camiño Francés
O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, reuniuse hoxe con representantes da Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés e asinou co presidente da entidade un protocolo de actuación para levar a cabo actuacións de mellora paisaxística e de promoción do Ano Santo nesta ruta
A Xunta recibe 12 ofertas de empresas para as obras de mellora da depuradora de Tragove que suporán un investimento de 5,3 M€ en beneficio dos veciños de Cambados e de Vilanova de Arousa
As obras comezarán no verán co fin de que en 2023 se poña á disposición de ambos os dous municipios unha depuradora mellorada e renovada
Conde destaca que Freshcut conta co selo Galicia Calidade polo seu compromiso coa alimentación saudable e a economía social
Recoñece que o traballo que están a facer as empresas do sector agroalimentario galego no ámbito da I+D+i ligada á nutrición explica o valor diferencial que fai de Galicia a despensa de España
Feijóo afirma que Galicia volverá recorrer á súa experiencia na xestión para que os fondos europeos cheguen aos seus destinatarios e se executen
“Esperamos que o Goberno teña en conta esta traxectoria dilatada e descentralice os fondos para resolver o atasco que, de momento, se está a producir”, incide, en relación aos fondos Next Generation
Lorenzana destaca o labor do punto de intervención á muller con diversidade funcional da Asociación Íntegro que conta con máis de 40 usuarias
A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, e o alcalde de Cabana de Bergantiños, José Muíño, visitaron hoxe as dependencias
A Xunta e o concello da Rúa avalían a posibilidade de crear un polígono agroforestal de viñedo da Denominación de Orixe Valdeorras neste municipio
Tamén se valorou a posible posta en marcha dunha aldea modelo no núcleo de San Xulián, así como o desenvolvemento de iniciativas de agricultura de precisión, neste caso aplicadas ao cultivo da vide
A Xunta retoma os traballos na parcelaria de Dodro-Laíño II ao clarificarse a situación urbanística
Unha vez se modifiquen as bases definitivas desta zona, xa que houbo que excluír diversas parcelas que se reclasificaron como solo urbanizable, a Consellería do Medio Rural iniciará as actuacións relativas á rede de camiños secundarios por importe de 300.000 euros