Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

01/03/22 | 11:49 | C. do Medio Rural

Extinguido o incendio forestal no concello ourensán de Padrenda, parroquia homónima

Segundo as últimas medicións, afectou unha superficie de 68,7 hectáreas de monte raso

01/03/22 | 11:36 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica no Diario Oficial de Galicia o cambio de titularidade a prol do concello de Abadín de dous treitos antigos da LU-113 nas parroquias de Corvite e de Abeledo

Transfírese un resto de 697 metros na marxe esquerda da actual vía autonómica, no lugar da Laxe; e outro antigo treito de 415 metros, tamén na marxe esquerda, no lugar de Sabugos

01/03/22 | 11:24 | C. do Medio Rural

Controlado o incendio forestal no concello ourensán de Padrenda, parroquia homónima

Segundo novas estimacións, afecta unha superficie dunhas 65 hectáreas

01/03/22 | 11:22 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
01/03/22 | 11:17 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta reforza desde este xoves os servizos de transporte público aos institutos de Baiona e do Rosal e ao centro de saúde de Nigrán

Habilítase unha parada no IES Primeiro de Marzo de Baiona na liña que conecta A Guarda con Vigo, no horario de entrada ao instituto

01/03/22 | 11:16

O Parque Natural de Corrubedo será o escenario práctico do primeiro curso de iniciación ao naturalismo

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda colabora, xunto co Colexio Oficial de Biólogos, nesta actividade gratuíta, e aberta o público en xeral que desexe adquirir coñecementos sobre a observación da natureza e as saídas de campo

01/03/22 | 10:24 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 16.865 casos activos por coronavirus

Un total de 478.541 pacientes xa están curados

01/03/22 | 09:37 | C. de Economía e Industria

A Xunta abre mañá o prazo para que se poidan adherir entidades colaboradoras ao programa de axudas para a renovación de electrodomésticos

Cun orzamento de 2M€, axudará a 13.000 familias a renovar os electrodomésticos dos seus fogares e aforrar 540.000 euros na factura eléctrica

01/03/22 | 08:41 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Policía Autonómica detén a tres persoas e desarticula una organización que proporcionaba certificados falsos de PCR e antíxenos

Os certificados contaban ademais co logo das clínicas e cun código QR, aparentando todos os requisitos legais para viaxar ao estranxeiro, pero realmente carecía de validez legal

01/03/22 | 08:29 | C. do Medio Rural

Activo un incendio forestal no concello ourensán de Padrenda, parroquia homónima

Segundo as primeiras estimacións, afecta unha superficie de arredor de 20 hectáreas