Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

28/02/22 | 10:15 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 18.068 casos activos por coronavirus

Un total de 476.055 pacientes xa están curados

28/02/22 | 10:12 | C. do Medio Rural

A Xunta destina máis de 6,1 M€ en axudas para a boa gobernanza a máis de mil comunidades de montes veciñais en man común

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución das axudas da Consellería do Medio Rural relativas á convocatoria de 2021

28/02/22 | 09:45 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia asistiu 63 persoas por 50 accidentes de circulación durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 25 de febreiro ata as 23,59 horas do domingo, 27 de febreiro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 70 chamadas por accidentes de tráfico

27/02/22 | 14:09 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por 410.000 euros as obras da senda entre Xornes e a igrexa de San Xoán, no concello de Ponteceso

Habilitarase un novo itinerario peonil e ciclista de 1,3 km de lonxitude pola marxe dereita da estrada AC-421, enlazando coa senda de Xornes-Buño-Canta la Rana, na que a Xunta investiu 535.000 €

27/02/22 | 14:08

A Xunta adxudica por máis de 215.000 € a urbanización do parque público de Outeiro Cruz no concello da Arnoia

Os traballos, que financiará a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda nun 70% e o Concello no 30% restante, permitirán habilitar unha nova área de ocio e descanso para os veciños ao tempo que se facilita o acceso a unha zona moi transitada

27/02/22 | 14:06 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica a reparación da drenaxe transversal da estrada OU-540 no concello de lobios

As obras, adxudicadas por un importe de case 48.000 euros, iniciaranse nas vindeiras semanas

27/02/22 | 13:58 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta realiza actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos de dous ríos no concello de Bueu

Os traballos desenvólvense na parroquia de San Martiño de Bueu, nun treito de 1,3 quilómetros do rego do Frade, e noutro treito de máis de 1,5 quilómetros de lonxitude nun río innominado do lugar da Portela

27/02/22 | 13:29

Rosa Quintana destaca a alianza dos produtos do mar e do agro coa gastronomía a prol de causas solidarias como a loita contra o cancro

A iniciativa 10 bocados solidarios está promovida polo chef galego Kike Piñeiro e polo colombiano Charlie Otero co obxectivo de recadar fondos en beneficio da Asociación Española Contra o Cancro