Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta insta ao Goberno central a dar a maior flexibilidade posible para executar os fondos para proxectos singulares no eido demográfico
Lembrou que cada comunidade autónoma ten unhas características demográficas diferentes polo que considera necesario dar resposta ás peculiaridades de cada territorio
A Xunta declara iniciativa empresarial prioritaria a planta de biogás que Agroamb proxecta no concello de Castro de Rei
Trátase dunha proposta de economía circular que reduciría a extracción de materias primas aproveitando residuos orgánicos para a obtención de biocombustibles
A Xunta pon de relevo o traballo do Centro de Investigación Forestal de Lourizán a prol da recuperación dos terreos afectados polo lume na clausura do proxecto europeo Epyris
Tras tres anos de traballos, esta semana celebrouse o evento final desta iniciativa, consistente nun encontro na sede do Goberno galego -ao que tamén se puido asistir de xeito telemático- e na posterior visita a unha área afectada polo lume en Lobios
A Xunta e a Fundación Barrié reforzan a súa colaboración para impulsar a transferencia de coñecemento no sistema de I+D+i galego
A Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, a través da Axencia Galega de Innovación (Gain), asinará un convenio con esta entidade por 1,22M€ para mellorar o achegamento ás empresas galegas dos resultados da investigación
Galicia rexistra un total de 19.768 casos activos por coronavirus
Un total de 473.532 pacientes xa están curados
A Xunta actualizará cada xornada e para cada zona climática a información sobre o índice de risco diario de incendios
As consellerías de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e do Medio Rural asinan un acordo de colaboración para actualizar o sistema de información e predición meteorolóxica previo ao eventual rexistro de lumes forestais
O Museo das Peregrinacións e de Santiago expón unha obra do pintor gótico Martín Bernat cedida polo Museo Nacional do Prado
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, visitou a peza ‘Embarque en Jafa do corpo de Santiago o Maior’ que estará no museo ata 2023
A Xunta destina medio millón de euros a mellorar as bibliotecas, arquivos e locais culturais do rural
Ata o 10 de marzo, os concellos poden optar a esta nova convocatoria de axudas para impulsar obras de reforma ou mercar materiais que permitan manter a súa programación
A Xunta mantén unnha nova xuntanza coa Fundación Galega Contra o Narcotráfico coa que colabora dende 2015 na xestión dos bens incautados
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo unha xuntanza co presidente da entidade, Manuel Antonio Couceiro, onde analizaron a colaboración para mellorar a xestión dos bens incautados en delitos de narcotráfico en Galicia
A Xunta coloca unha mouteira no mosteiro de Sant Pere de Rodes de Girona nun dos puntos de entrada do Camiño de Santiago a España
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, inaugurou un dos elementos máis representativos do Camiño, que será o quinto instalado noutras comunidades de España