Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Galicia ábrese a acoller refuxiados ucraínos e ofrece os recursos e instalacións necesarios para darlles amparo
A Xunta trasladará esta mensaxe ao Goberno central nunha reunión que se celebrará para coordinar a resposta á posible chegada de cidadáns que foxen da guerra
Galicia pon en marcha tres unidades funcionais multidisciplinares para atender pacientes con enfermidades raras
Establécense en Vigo, A Coruña e Santiago, con equipos formados por un especialista en medicina interna, outro en pediatría e un profesional de enfermería
A Xunta únese á homenaxe polo 41 aniversario do pasamento do mindoniense Álvaro Cunqueiro
O programa de actos incluíu a presentación do I Premio Álvaro Cunqueiro de Novela e a proxección do documental ‘Cunqueiro. A grande ilusión’, ambos apoiados pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Feijóo garante o compromiso do Goberno galego coa vivenda pública co impulso de 512 novos inmobles e un investimento de 72,5 millóns
Afirma que a Xunta seguirá avogando tamén pola rehabilitación, especialmente nos cascos históricos das vilas, a través do programa Rexurbe, que permitirá a próxima entrega de máis dun cento de vivendas de promoción pública en 9 concellos
A Xunta axiliza o reforzo de persoal en Baltar e estuda a súa ampliación tras investir máis de 70.000 euros en melloras
As actuacións realizadas a finais de 2021, supuxeron un pintando interior, renovacións en tellado e sumidoiros e melloras nos espazos de radioloxía os fisioterapia
A Xunta e o concello de Valga estudan a posibilidade de implantar un polígono agroforestal para viñedo
Tamén se acordou estudar a posibilidade de poñer en marcha unha nova zona de reestruturación parcelaria, ao abeiro da Lei de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia (Metaga)
A Xunta incorpora ao catálogo de árbores senlleiras un castiñeiro situado no Camiño Francés, en Triacastela
Belén do Campo salienta o tamaño e a morfoloxía do exemplar, cun perímetro de 9 metros, 22 metros de altura e cheo de ocos e pólas grosas, entre as características que o converten nun dos máis fermosos da súa especie en toda Galicia
A Xunta sinala que as residencias de maiores deben garantir a atención do seus usuarios respectando a súa personalidade
O director xeral de Atención Integral Sociosanitaria, Antón Acevedo, visitou as instalacións de Adcor e Padre Rubinos da Coruña
Galicia busca consolidar a súa aposta pola innovación aberta a través da nova convocatoria das unidades mixtas que vai mobilizar 30 M€
Conde explica que a novidade desta edición, á que a Xunta destina un orzamento de 12M€, é que inclúe apoios para a creación de centros mixtos de investigación, co obxectivo de dar estabilidade ás unidades consolidadas
Ethel Vázquez destaca a contribución da Xunta á mellora da calidade de vida e ao reforzo do atractivo de Ourense co investimento de máis de 1,6 M€ na recuperación da Ponte Romana e da contorna da Capela dos Remedios
Nesta 2ª fase mellorouse a conexión entre a Ponte Romana e a Capela dos Remedios, dotando dun novo acceso o Paseo das Ninfas, que gaña en accesibilidade a través dun espazo aberto con ramplas, escaleiras, mobiliario urbano e unha fonte de auga potable