Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

26/02/22 | 13:14

A Xunta e o Concello de Oza-Cesuras colaborarán nun proxecto para habilitar unha senda no río Mendo

O obxectivo é poñer en valor esta zona desde o punto de vista ambiental, con actuacións de recuperación e limpeza nas marxes fluviais e eliminación de especies invasoras, ao tempo que se habilita un sendeiro para atraer visitantes e potenciar o turismo sostible

26/02/22 | 12:38 | Secretaría Xeral para o Deporte

Crecente e Cerdedo-Cotobade estrean cuberta da pista de pádel e equipamento do ximnasio municipal tras un investimento de 70.000 euros

A cuberta da pista de pádel de Crecente contou cun orzamento de 41.000 euros e o equipamento do novo ximnasio municipal de Cerdedo-Cotobade está valorado en máis de 28.000 euros

26/02/22 | 12:05 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta apoia en Madrid a proxección nacional e internacional da arte contemporánea galega

Salienta o carácter estratéxico destas citas para promover as disciplinas artísticas con selo galego e para establecer contactos profesionais

26/02/22 | 12:00 | C. de Economía e Industria

A Xunta e o Concello da Veiga analizan novas liñas de actuación para facilitar a implantación de iniciativas empresariais na localidade

O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo esta semana un encontro co rexedor do municipio ourensán, Juan Anta, no que tamén se abordaron proxectos relacionados coas renovables e a eficiencia enerxética

26/02/22 | 12:00 | C. de Economía e Industria

Nove empresas líderes compiten para ser as novos socios estratéxicos da Xunta no Polo Aeroespacial de Galicia ata o 2025

Trátase de Airbus, Babcock, Boeing, Indra, Telefónica, Aertec-Tecnobit, Telespazio, CT Ingenieros e Sistemas y Montajes Industriales

26/02/22 | 12:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destinou 70.000 € a habilitar en Trabada un punto limpo móbil para a recollida selectiva de residuos

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que o Goberno galego está a valorar as novas propostas recibidas ao abeiro da convocatoria deste ano para continuar estendendo este servizo

26/02/22 | 12:00 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por preto de 195.000 € as obras da sendas peonís de Vilar de Cas e Güimil e da mellora da contorna do santuario de Couso de Salas, en Muiños

Habilitaranse 3 treitos de sendas pola marxe dereita da estrada OU-302 en Vilar de Cas, que suman 450 metros de lonxitude, e outros 100 metros no lugar de Güimil, para facilitar os desprazamentos entre o centro sociocultural e as vivendas da zona

26/02/22 | 12:00 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica as obras de mellora do firme en dous treitos antigos da estrada AC-342 no concello de Vimianzo

Os traballos, cun investimento de máis de 46.000 euros, iniciaranse nas vindeiras semanas

26/02/22 | 11:47 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García salienta a necesidade de coidar ao coidador a través do programa de respiro familiar, que financia a atención en residencias e no fogar

O Goberno galego inviste 600.000 euros para facilitar o descanso dos coidadores habituais de persoas dependentes ou con discapacidade