Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

24/02/22 | 18:54 | C. do Medio Rural

A Xunta avanza a concentración parcelaria de Val de Camba coa próxima colocación dos marcos e a redacción do proxecto de vías secundarias

O delegado territorial, Luis López, acompañado do alcalde de Rodeiro, Rubén Quintá, asiste á Xunta Local desta Zona de Concentración Parcelaria, na que se informou o acordo de reestruturación de predios para a súa remisión á Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural

24/02/22 | 17:31 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta promove a autoprotección mediante un xogo en liña destinado a alumnos de educación secundaria

Trátase dunha oferta lúdico-didáctica promovida pola Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA), que chegará aos centros educativos de forma telemática, e cuxo obxectivo é formar e sensibilizar a mocidade sobre a importancia da prevención

24/02/22 | 17:17 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Secretaría Xeral para o Deporte

A delegada territorial da Xunta en Vigo asiste á entrega de premios da primeira etapa de "O Gran Camiño" entre O Porriño e Vigo

Marta Fernández-Tapias fixo entrega do maillot amarelo a Magnus Cort Nielsen como líder da clasificación xeral

24/02/22 | 17:02 | C. do Medio Rural

A Xunta lembra que o prazo das axudas para mellora de explotacións e incorporación de mozos ao agro está aberto ata principios de marzo

José Balseiros lembrou que tamén están abertos os prazos para solicitar as axudas da PAC, cun orzamento duns 210 millóns de euros, e as achegas para a transformación de produtos agrarios, cun orzamento de 30 millóns de euros

24/02/22 | 17:00

A Xunta xa acreditou no que vai de ano a formación de 750 persoas que participaron nos obradoiros virtuais de igualdade laboral

A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, abriu hoxe o cuarto obradoiro no campus virtual da Xunta sobre igualdade laboral, que puxo o foco na selección e contratación con perspectiva de xénero

24/02/22 | 15:15

A Xunta creará un Estatuto da Muller Rural e do Mar que porá en valor o seu papel e garantirá dereitos específicos

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, pechou en Lugo o foro da Asociación de Mulleres Rurais de Galicia (Fademur): ‘A forza das mulleres rurais’

24/02/22 | 14:49 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destinará máis de 27 M€ ata 2025 para impulsar a capacitación dixital dos galegos

“Queremos formar en competencias dixitais a máis de 45.700 persoas nos vindeiros tres anos”, precisa o vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda

24/02/22 | 14:42 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta pon á disposición do tecido produtivo 1,36 millóns de metros cadrados de solo urbanizado en 37 parques empresariais de Galicia

Rueda avanza que este venres Xestur convocará un concurso para a adxudicación de solo empresarial da súa propiedade: 683.000 m2, en 255 parcelas de 17 parques

24/02/22 | 14:39 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta mobilizará máis de 27 M€ na mellora de 12 BIC no marco do Plan Xacobeo Next Generation

O vicepresidente primeiro incide en que a Comunidade recibiu case o 40% dos fondos desta convocatoria aberta polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo para rehabilitar o patrimonio histórico de uso turístico dos Camiños