Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

24/02/22 | 12:24 | C. de Política Social e Igualdade; C. de Sanidade

A Xunta apoia os programas desenvolvidos por AFA Chantada para atender a persoas con alzhéimer

O delegado territorial, Javier Arias, visitou a asociación chantadesa de familiares de pacientes que sofren esta doenza para coñecer as actividades de estimulación cognitiva que organizan coa colaboración do Sergas

24/02/22 | 11:52 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Gabriel Alén reúnese coa xerente de Galicia Calidade

Gabriel Alén e Ana Méndez mantiveron un encontro para tratar as principais liñas de traballo que se desenvolverán no presente ano para apoiar as empresas que contan con este selo de garantía

24/02/22 | 11:43 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica a explotación das estacións de autobuses de Cambados, Cangas, Ponteareas e Vigo para os vindeiros 5 anos, por un valor estimado de máis de 2,4 M€

No caso da estación de autobuses intermodal de Vigo, ao atoparse en obras, o comezo da súa concesión quedará condicionado á recepción das instalacións

24/02/22 | 11:35 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta investirá 334.000 euros na construción das sendas de Soesto e de Serantes, na antiga traza da estrada autonómica AC-433, no concello de Laxe

Habilitaranse en total algo máis de 1,3 quilómetros de itinerarios peonís ao longo desta vía, co obxectivo de facilitar os desprazamentos a pé dos veciños e favorecer unha mobilidade máis segura e sostible nestes núcleos

24/02/22 | 11:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa unha alerta laranxa por temporal costeiro en todo o litoral galego

Agárdase mar combinada do noroeste con ondas de ata 7 metros

24/02/22 | 11:17

A Xunta avoga pola implantación de plans de igualdade en empresas e entidades para acabar coa discriminación laboral de mulleres con discapacidade

A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, abriu hoxe un curso celebrado pola Asociación de centros especiais sen ánimo de lucro (Cegasal) para a promoción da igualdade laboral nestas empresas

24/02/22 | 11:04 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta invistiu máis de 120.000 euros na mellora das beirarrúas do parque empresarial de Merelle en Ordes

Trenor animou aos alcaldes da comarca de Santiago a solicitar as axudas de máis de 8 millóns para a mellora dos parques empresariais

24/02/22 | 10:47 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 22.477 casos activos por coronavirus

Un total de 466.919 pacientes xa están curados