Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta avoga por promover un emprendemento de calidade que mesture talento e innovación
O director do Igape, Fernando Guldrís, participou hoxe na apertura do Spin Up Invest, segundo foro de investimento no marco do proxecto de cooperación transfronteiriza Spin Up
Galicia recibirá 224,5 millóns de euros pola sentenza do IVE de decembro de 2017
O BOE publica hoxe unha orde do Ministerio de Hacienda e Función Pública co importe a aboar a cada comunidade autónoma, o que vén a concretar o cumprimento da sentenza para Galicia
A Xunta convoca máis de 13 M€ en axudas para levar a cabo accións silvícolas de prevención e para o incremento do valor ambiental dos montes galegos nunhas 7.000 hectáreas
A orde que publica hoxe o Diario Oficial de Galicia inclúe, como novidade, as rozas en coníferas para crear descontinuidade horizontal ou vertical, así como as accións silvícolas para previr os danos das enfermidades fúnxicas defoliadoras nos piñeiros
O compostelán Lois Orosa será o novo director do Centro de Supercomputación de Galicia
O Padroado do Cesga celebrado hoxe aprobou o seu nomeamento en substitución de Mauro Fernández Dabouza
A Xunta louva a aposta da Ruta do Viño do Ribeiro pola recuperación da figura dos arrieiros
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe na estrea do documental “O Camiño do Viño. Historia dun arrieiro”, de Xoel Méndez, promovida en colaboración coa Xunta e a Denominación de Orixe do Ribeiro
A Xunta colabora coa asociación de veciños Baiuca do Concello de Teo cunha axuda para diversas melloras
A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, comprobou hoxe, xunto co delegado territorial da Xunta na Coruña. Gonzalo Trenor, as melloras levadas a cabo a través das axudas do Goberno galego
A Xunta e o Concello de Verea colaborarán na posta en valor de terras neste municipio a través das ferramentas da Lei de recuperación
Na reunión, Inés Santé animou ao rexedor a localizar zonas para desenvolver posibles polígonos agroforestais e avaliouse a posibilidade de levar a cabo melloras nas infraestruturas rurais
A Xunta iniciará ao longo do primeiro semestre do ano os traballos na nova parcelaria de San Xoán de Seoane de Pregación, no concello de Friol
Esta parcelaria, decretada o pasado ano, busca aumentar a base territorial das explotacións e reducir considerablemente os seus custos de produción
Galicia reclama axilidade ao Goberno central para dispoñer dos fondos do Bono de alugueiro mozo e permitir así a súa convocatoria
Ángeles Vázquez solicita tamén ao Executivo estatal “información clara e definitiva” sobre as condicións e características de cada unha das liñas de actuación ás que se lles consignan recursos públicos europeos
A Xunta salienta a oportunidade do Ano Laxeiro para divulgar o legado do artista entre o gran público
Os actos de hoxe, organizados pola Fundación Laxeiro, súmanse á programación que o Goberno autonómico ten en marcha en Galicia e fóra dela durante este ano coincidindo co Día das Artes Galegas dedicado ao autor o 1 de abril