Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

24/02/22 | 14:19 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta asinará en marzo un convenio co Concello de Pantón para dotar de abastecemento de auga varias parroquias do municipio cun investimento de 650.000€

O Goberno galego contratará e executará as obras, que permitirán achegar o servizo de abastecemento ás parroquias de San Vicente de Castillón, Santiago de Castillón e Santo Estevo do Mato

24/02/22 | 14:16 | C. do Medio Rural

A Xunta pon de relevo os beneficios para o sector primario dos proxectos impulsados polos centros de investigación da Axencia Galega da Calidade Alimentaria

Arredor dunha trintena de representantes do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo, do Centro de Investigación Forestal de Lourizán e da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia expoñen as súas liñas de traballo máis destacadas

24/02/22 | 14:16

A Xunta inviste máis de 2,8 M€ en programas de emprego na comarca do Barbanza en 35 cursos para formar a case 800 desempregados

O delegado territorial da Xunta, Gonzalo Trenor, participou na apertura do Plan Integrado de Emprego de Amicos que formará a 100 alumnos grazas a un investimento da Xunta de 250.000 euros

24/02/22 | 14:03 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta e Afundación achegan a Lugo ‘Galicia futura’, exposición na que artistas e científicos imaxinan o porvir da nosa comunidade

Trátase da primeira vez que a Cidade da Cultura leva unha exposición á cidade lucense e enmárcase nas itinerancias fixadas no II Plan Estratéxico da Cidade da Cultura co obxectivo de levar as diferentes mostras do Gaiás a distintas vilas e cidades

24/02/22 | 13:23

A Xunta colabora coa Asociación Española contra o Cancro nun evento solidario no que se degustarán produtos galegos do agro e do mar de calidade diferenciada

A iniciativa, promovida polos chefs Kike Piñeiro e Charlie Otero, celebrarase este domingo no Parador dos Reis Católicos para recadar fondos en beneficio da Asociación Española Contra o Cancro e contará coa participación da conselleira do Mar

24/02/22 | 13:10 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta construirá unha nova senda peonil na estrada autonómica PO-235 no concello da Lama

? As obras, que suporán un investimento autonómico de máis de 48.000 euros, comezarán nas vindeiras semanas
O obxectivo é mellorar o tránsito peonil executando un itinerario na marxe esquerda da estrada, entre os puntos quilométricos 12+820 e 13+510, que actualmente non conta con zona de circulación a pé independente do tráfico rodado

24/02/22 | 13:09 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca a recuperación no mes de xaneiro dos hoteis galegos que triplicaron o volume de viaxeiros con respecto ao ano pasado

Galicia rexistrou en xaneiro un total de 127.380 viaxeiros e 236.312 noites cunha estadía media de 1,9 noites nos seus establecementos hoteleiros

24/02/22 | 12:52 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta leva investidos case 15 M€ no funcionamento e equipamento das agrupacións de voluntarios de Protección Civil da Comunidade

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, visitou hoxe a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Bergondo

24/02/22 | 12:34 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Centro Dramático Galego estrea un pioneiro sistema inclusivo en todas as funcións do Salón Teatro

O espazo de exhibición escénica da Xunta sitúase así á vangarda da inclusion, converténdose no único que ofrece sesións 100% adaptadas