Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

25/02/22 | 15:50 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias destaca a colaboración entre a Xunta e as ONGs viguesas con apoios que suman máis de 3 millóns de euros

A delegada territorial da Xunta acompañou hoxe aos representantes destas entidades nun acto organizado por Vida Digna con motivo do Día Mundial das ONGs que se celebra este domingo

25/02/22 | 15:43 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Luis López anuncia a concesión de 117.000€ ao concello de Cerdedo-Cotobade para mellora de pistas ao abeiro do Plan Marco

O delegado territorial, acompañado polo alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, informou desta achega na visita de supervisión á 1ª fase da mellora e acondicionamento do vial Covas-Os Palleiros, executada cunha axuda de 48.000€ do Plan de Infraestruturas Rurais 2021

25/02/22 | 15:04 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O programa IACOBUS aproba 165 candidaturas da Eurorrexión Galicia- Norte de Portugal

Aprobáronse 108 solicitudes para participar na 9ª edición do programa para estadías de investigación, ás que se suman outras 57 da 4ª convocatoria do IACOBUS Papers destinada a divulgación de publicacións científicas

25/02/22 | 14:34 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta construirá unha senda na estrada autonómica AC-421 entre Valenza e Castrobó, no concello de Coristanco

Este contrato, adxudicado por un importe de máis de 30.000, comezará nas vindeiras semanas

25/02/22 | 14:33 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Sanidade

Ethel Vázquez subliña que o Centro Integral de Saúde de Lalín acada o 20% de execución e garante o máximo esforzo para cumprir cos prazos establecidos

Vázquez Mourelle indica que se está a traballar co fin de rematar as obras a finais deste ano ou principios de 2023, limitando a demora sobre os prazos previstos

25/02/22 | 14:28

Os traballos de escolares de Guitiriz, Arteixo e O Porriño resultan gañadores do concurso de carteis da Xunta polo 8-M

Entre as propostas do alumnado de Infantil e de 1º ata 4º de Primaria alzouse co 1º posto o CEIP Lagostelle de Guitiriz (Lugo) e, co segundo, o CEIP Marcón de Pontevedra

25/02/22 | 14:18 | C. de Sanidade

A Xunta reforza a atención á saúde mental das persoas que viven en centros residenciais coa creación de 19 novas prazas de especialistas

A conselleira de Política Social, Fabiola García, sinalou que os difíciles momentos vividos nas residencias durante a pandemia fixeron necesario reforzar este tipo de atención

25/02/22 | 14:13 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A nova estratexia de FP Galicia 2030 potenciará a oferta de dobres graos nestas ensinanzas

Neste momento impártense dous proxectos deste tipo en seis centros galegos