Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

25/02/22 | 14:06 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta abre hoxe ao tráfico o trazado mellorado na estrada AC-566, desde a saída de Valdoviño ata A Ramalleira, no que se está a investir máis de 3,6 M€

Os avances nas obras de mellora da seguridade viaria da estrada Valdoviño-Cedeira permiten poñer xa en servizo provisional un carril por sentido de circulación

25/02/22 | 13:59 | C. de Economía e Industria

A Xunta premia o traballo de dúas alumnas de Ribeira nun concurso de debuxo sobre o entroido seguro

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, visitou hoxe o CEIP de Frións, onde entregou os galardóns a Clara Lucía Chouza e Paola Mariño, de 6º de Primaria

25/02/22 | 13:47 | C. do Medio Rural

A Xunta apoia a 9 empresas da área de Santiago a través do programa Galicia emprende con máis de 2,5 millóns de euros para crear ou manter 61 empregos

O delegado da Xunta informou que a Xunta ten aberto o prazo, ata o 8 de marzo, do programa Galicia Emprende Rural, que achegará axudas por valor de 2 millóns de euros ao redor de 70 de autónomos e emprendedores, posibilitando a creación de preto de 200 empregos no medio rural.

25/02/22 | 13:40

A Xunta amplía ata os 2,4 M€ as axudas para mellorar a imaxe exterior de edificios e equipamentos en resposta á boa acollida da convocatoria deste ano

A liña de subvencións para corrixir impactos paisaxísticos en edificios e vivendas particulares, cuxo orzamento pasa de 1,2 M€ a 1,6 M€, recibiu case 2.000 solicitudes

25/02/22 | 13:34 | C. do Medio Rural

O delegado territorial da Xunta en Ourense e a xerente de Galicia Calidade visitan adegas da D.O. Monterrei

Gabriel Alén e Ana Méndez visitaron a adega Gargalo e a adega Quinta Do Buble

25/02/22 | 13:31 | Secretaría Xeral de Emigración

Miranda destaca a importancia da instalación da nova sede da Uned no Centro Galego de Lisboa para impulsar a actividade do mesmo entre a mocidade

O secretario xeral da Emigración participou na inauguración da segunda aula que a universidade a distancia española crea en Portugal, despois da do Porto

25/02/22 | 13:09 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Javier Arias detalla o informe desfavorable de Augas de Galicia sobre a hidroeléctrica do río Ouro á plataforma de afectados

Mantiveron unha reunión na Delegación da Xunta para coñecer os pormenores do ditame, que é determinante, polo que impide a viabilidade deste aproveitamento hidroeléctrico no Xistral

25/02/22 | 13:02

Ángeles Vázquez anima á cidadanía galega a doar sangue como un xesto solidario e que salva vidas

Lembra que os centros hospitalarios galegos necesitan cada día entre 400 e 500 doazóns

25/02/22 | 12:37 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta prevé lanzar a mediados de marzo a nova convocatoria do Bono Turístico para reactivar o turismo galego na tempada baixa

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, explicou que o Goberno galego asumirá o 40% do importe das tarxetas, que poderán empregarse ata o 31 de decembro, a excepción dos meses de verán

25/02/22 | 11:38 | C. de Sanidade

O centro vigués do grupo Stellantis alcanza as 70.000 doazóns de sangue dende o ano 1995

A factoría radicada en Vigo acolleu durante os días 8, 9 e 10 de febreiro a primeira das catro visitas anuais que a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue ten programadas para este ano