Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

01/03/22 | 14:21 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca o papel do sector artesán galego no impulso do comercio de proximidade compostelán

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, visitou esta mañá tres tendas taller de obradoiros da marca Artesanía de Galicia na rúa de San Pedro

01/03/22 | 14:16 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta destina 715.000€ aos oito concellos de Deza e Tabeirós-Montes para a mellora de camiños ao abeiro do Plan Marco

O delegado territorial en Pontevedra, Luis López, informou desta resolución nunha visita de supervisión ás obras realizadas coa anterior convocatoria na vía municipal Santo André de Vea-Frades do municipio estradense xunto ao alcalde, José López

01/03/22 | 13:30 | C. de Sanidade

A Consellería de Sanidade invita aos estudantes a participar nos concursos de carteis e curtametraxes sobre doazón e transplantes

No transcurso do acto presentáronse varios concursos para fomentar a doazón de órganos e medula ósea dirixidos ao alumnado galego de diferentes niveis educativos

01/03/22 | 13:26 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García asegura que o Plan de investimentos para equipamentos sociais municipais suporá un impulso histórico para os concellos galegos

A Xunta destinará máis de 18,5 millóns de euros á construción, reforma ou ampliación dos centros de servizos sociais xestionados polos concellos

01/03/22 | 13:23 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta recupera en Ames o BIC da Ponte de Augapesada, creando un punto de repouso no Camiño Fisterra-Muxía

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, visitou os traballos executados ao abeiro das axudas de 2021 para o embelecemento do Camiño

01/03/22 | 13:09

Galicia apoia con 3,5 millóns de euros ás empresas de cultivo de produtos acuícolas para compensar as perdas de ingresos rexistradas pola covid-19

O Executivo galego concedeu 325 achegas a empresas do sector co obxectivo de que poidan facer investimentos, recuperen actividade e volvan aos niveis previos á pandemia, o beneficiará ao conxunto da economía de Galicia

01/03/22 | 13:06 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez pon aos galardoados cos premios fin de carreira como exemplo da excelencia do Sistema Universitario Galego

Destaca o "compromiso firme" da Xunta para seguir avanzando nun sistema universitario "que aposte pola innovación, a investigación e a internacionalización"

01/03/22 | 12:29 | Secretaría Xeral para o Deporte

As Federacións Deportivas Galegas contribuirán á conciliación de máis de 3.200 familias por medio de programas de animación dirixidos a menores de 16 anos

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, e o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, asinaron un acordo co que a Xunta destinará 3,5M€ do Plan Corresponsables a programas socio-deportivos para rapazas e rapaces

01/03/22 | 12:26

A Xunta convida a Finsa a unirse á Alianza Galega polo Clima para que sector público e privado traballen xuntos na loita contra o quecemento global

Ángeles Vázquez subliña as medidas e investimentos realizados pola empresa na Sionlla para avanzar cara á pegada de carbono cero así como o seu compromiso coa reciclaxe e a reutilización de materiais para introducir o concepto de circularidade na fase de produción

01/03/22 | 11:53 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta oficializa a protección patrimonial da Torre de Fornelos ao incluila no rexistro de BIC de Galicia

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución que dá resposta a unha solicitude do Concello de Crecente e supón o recoñecemento do seu réxime de salvagarda