Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta recoñece dous proxectos de innovación agraria nos sectores do leite e do trigo
José Luis Cabarcos entregou as mencións aos responsables destes proxectos, centrados no cultivo ecolóxico de trigo autóctono e na produción de leite de pastoreo
Galicia crea emprego cun aumento nas afiliacións e na contratación indefinida e acada a cifra de paro máis baixa nun febreiro desde 1996
A directora xeral de Formación e Colocación, Zeltia Lado, valorou hoxe os datos do paro rexistrado destacando que a Comunidade acumula 11 meses consecutivos de caída do paro na evolución anual
A Xunta abre este venres o prazo para solicitar axudas de ata 3.000 euros que melloren a eficiencia enerxética dos fogares, principalmente co cambio de ventás
Ángeles Vázquez lembra que poderán pedilas tanto os propietarios dos inmobles como os usufrutuarios e os arrendatarios dunha vivenda que acrediten a redución dun 7% da demanda de enerxía
A coprodución de Inversa Teatro co Centro Dramático Galego ‘O péndulo’ estréase en Vigo no marco da Rede Galega de Teatros e Auditorios da Xunta
A función inaugural da obra coproducida pola unidade teatral do Goberno autonómico terá lugar este venres no Auditorio Municipal ás 20,00 horas
A Xunta estudará instalar unha estación de calidade do aire en Boiro
A Consellería de Medio Ambiente terá en conta a solicitude presentada polo Concello, dentro do proceso de mellora da Rede de calidade do aire de Galicia
A Xunta salienta o compromiso de Leche Río e das pemes participantes no proxecto de innovación Milkchain para desenvolver un sistema de trazabilidade do leite
O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación participou hoxe en Lugo na presentación da iniciativa, que conta cun orzamento de 1,2 M€ dos que a Administración autonómica achega o 75% a través do programa Conecta Hubs
A Xunta anuncia a saída ao mercado da IXP Pan Galego coas primeiras pezas dispoñibles nun total de 44 establecementos da comunidade a partir da vindeira semana
O acto oficial para comunicar o inicio das vendas desta indicación xeográfica protexida terá lugar o vindeiro 9 de marzo no muíño de Cuíña de Lalín e poderá seguirse por streaming a través da canle de Youtube da Axencia Galega da Calidade Alimentaria
Galicia rexistra un total de 16.109 casos activos por coronavirus
Un total de 480.510 pacientes xa están curados
A Xunta abre o prazo para solicitar proxectos de biomasa nos fogares galegos
As axudas favorecerán a mobilización de 3,75 millóns de euros, a creación de 37 empregos e un aforro anual de 360.000 euros nas facturas enerxéticas
Preto de 11.000 agricultores e gandeiros galegos recibiron da Xunta máis de 17 M€ correspondentes ás axudas da PAC 2021-2022 dirixidas a zonas con limitacións naturais
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución cos beneficiarios ao abeiro da submedida de áreas de montaña e da de zonas distintas de montaña