Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

04/03/22 | 14:21 | C. do Medio Rural

A Xunta pon en valor o auxe da agricultura ecolóxica durante a apertura da feira Biocultura que se celebra deica o domingo na Coruña

A Consellería do Medio Rural financia as actividades de promoción que desenvolverá ao longo destes tres días o Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia, prestando apoio a preto dunha vintena de expositores

04/03/22 | 14:15 | C. de Sanidade

A Xunta pon en marcha ‘Adestra a túa saúde’, un programa piloto de fomento do exercicio físico nas persoas maiores de 60 anos

Desde mediados do pasado mes de febreiro, está activo nos servizos de atención primaria dos concellos de Abegondo e Arteixo

04/03/22 | 14:12

A Xunta inviste máis de 250.000 euros en diversas melloras nos peiraos da Guarda

Portos de Galicia ten en execución a mellora funcional da rampla de varada e vén de rematar a rehabilitación da envolvente da nave de redes así como diversas actuacións menores en Camposancos

04/03/22 | 14:11 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por preto de 650.000 euros as obras da senda peonil na estrada AC-214 en Sigrás, no Concello de Cambre

Construirase un itinerario de 720 metros de lonxitude, desde o cruce coa AC-213 e a N-550, nos núcleos da Telva, A Xira e A Pena de Sigrás de Abaixo

04/03/22 | 13:39 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez avanza que case 40.000 veciños de 30 concellos do rural de Lugo terán acceso a novos descontos no billete do autobús a partir do verán coa creación da área de transporte de Galicia

Vázquez Mourelle sinala que a integración na Área suporá un desconto mínimo de 0,50 € no prezo do billete, asumindo a Xunta o 80%, que se suma á bonificación do 10% que xa se aplica ao pagar con tarxeta TMG

04/03/22 | 13:21 | C. de Economía e Industria

A Xunta apoia a recuperación da contorna da antiga mina de Porto Piñeiro en Valga como zona de lecer

A directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Paula Uría, visitou esta mañá os terreos para ver as posibilidades da súa posta en valor

04/03/22 | 13:17 | C. do Medio Rural

A Xunta lanzará o próximo 18 de marzo a súa segunda consulta pública ao mercado do proxecto “Aldeas intelixentes, solucións de futuro para aldeas sostibles”

Inés Santé puxo en valor esta iniciativa que conta cun orzamento inicial superior aos 5 millóns de euros, para obter solucións innovadoras que impulsen a recuperación dos núcleos rurais galegos

04/03/22 | 12:58

A Xunta inviste este ano 16,2 M€ na contratación de máis de 1.300 persoas en concellos galegos

A directora xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Covadonga Toca, destacou hoxe en comisión parlamentaria que xa se activaron, a principios de febreiro, as tres liñas de axudas do seu departamento dirixidas a xerar emprego nas localidades galegas

04/03/22 | 12:52 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia as actuacións en favor do desenvolvemento veciñal da Federación de Asociacións de Veciños Eduardo Chao de Vigo

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, participou hoxe na entrega dos diplomas aos participantes nos cursos de formación e obradoiros organizados pola entidade

04/03/22 | 12:50

A Xunta e o Concello de Carballedo investirán 113.000€ na humanización dos accesos á ruta de Salgueirón

A actuación urbanística, que se enmarca nos obxectivos do plan Hurbe, incluirá o acondicionamento de varios camiños locais no lugar da Barrela, capital do municipio