Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta celebra a fase clasificatoria na categoría da ESO do programa Parlamento Xove
Participan máis de 90 mozas e mozos de 3º e 4º da ESO de 20 centros de toda Galicia
A Xunta apoiará ao concello de Leiro no impulso da súa primeira Área de rehabilitación integral
Ángeles Vázquez sinala que Galicia fixo unha forte aposta por esta figura, coa declaración de 76 ARI municipais e 3 supramunicipais nos últimos 25 anos e un investimento mobilizado para a súa posta en valor de 185 millóns de euros
Lorenzana defende que o entendemento no marco do diálogo social é clave para acadar unha igualdade laboral real e efectiva
A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, interveu hoxe en Santiago no acto dos Premios 10 de marzo, uns galardóns cos que CCOO recoñece as traxectorias de persoas comprometidas coa defensa do interese xeral
A Xunta invita ás comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal a coñecer os distintos programas de axudas en materia de vivenda
A segunda sesión dos encontros informativos ‘Construíndo Fogar’ celebrarase o luns, 7 de marzo, ás 10,30 h, na Delegación Territorial de Ferrol, e contará coa participación de persoal do Instituto Galego da Vivenda e Solo
A Xunta destaca a Festa do Queixo de Arzúa como exemplo de ferramenta de difusión da oferta turística
A directora de Tursimo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe na inauguración oficial da celebración, que chega a súa 47ª edición
A Xunta salienta a aposta de Galicia por impulsar un ecosistema innovador que fomente o emprendemento tecnolóxico
O director do Igape, Fernando Guldrís, participou esta semana en Barcelona na mesa redonda ‘O ecosistema de emprendemento e innovación en Galicia’, celebrada no marco do ‘4YFN (4 Years From Now)’, cita para facilitar a conexión de ‘startups’ con investidores e grandes corporacións
A Xunta recibe 6 ofertas de empresas para executar as obras dos colectores e da nova depuradora de Foz, que triplicará a poboación servida e multiplicará por 9 a capacidade de tratamento
O obxectivo da Xunta é poder iniciar as obras a finais de ano, cun investimento autonómico de 12,3 M€
A Xunta propón aos doutores Ángel Carracedo e Alec Jeffreys como candidatos aos premios Princesa de Asturias 2022
A Administración galega remarca o valor dos descubrimentos acadados por ambos científicos no ámbito da xenética, cunha candidatura conxunta que recoñece a súa dilatada traxectoria profesional
A Xunta abre unha consulta preliminar ao mercado para incorporar solucións innovadoras á transformación dixital do patrimonio do Camiño
É unha das medidas do Proxecto Stellae 5.0, impulsado pola Xunta e a Conferencia de Reitores das Universidades do Suroeste Europeo para a dixitalización do legado cultural e patrimonial da Ruta Xacobea