Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

04/03/22 | 18:54 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta salienta a Festa da Arribada de Baiona como referente turístico internacional e espello dunha Galicia acolledora e aberta ao mundo

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, acompañado pola directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe na apertura dun encontro que celebra o 529 aniversario da chegada da Carabela Pinta a Baiona

04/03/22 | 18:20

A Xunta pon en valor o papel da muller en tarefas vencelladas á terra e demanda tratar con enfoque de xénero a saúde mental e o traballo dos coidados

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, inaugurou hoxe en Cambados un obradoiro organizado pola Asociación Galega de Cooperativas sobre saúde mental, intelixencia emocional e psicoloxía positiva.

04/03/22 | 15:41 | C. de Política Social e Igualdade; A Presidencia da Xunta

Galicia ofrece un milleiro de prazas de acollida para refuxiados procedentes da Guerra de Ucraína

Delas, 584 foron ofertadas pola Xunta, 256 polos concellos galegos a través da Fegamp e 139 por parte de entidades sociais

04/03/22 | 15:31 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Galicia apela a unha verdadeira colaboración coa administración central na execución dos fondos europeos de recuperación

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, vén de representar a Galicia no Cumio Europeo de Rexións e Cidades que o Comité Europeo das Rexións organizou esta semana en Marsella

04/03/22 | 15:25

A Xunta compra por máis de 392.000 € o primeiro edificio na Área Rexurbe da Coruña para rehabilitalo e ofrecer vivendas protexidas

O Instituto Galego da Vivenda e Solo adquire unha edificación de 4 plantas, catalogada dentro do ámbito de respecto do BIC e construída probablemente antes do ano 1900

04/03/22 | 15:22 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Quince alumnos do CIFP Carlos Oroza inician este mes as súas prácticas da FP dual en hoteis de Galicia, Madrid, Barcelona e Sevilla

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, visitou este mediodía os dous ciclos formativos duais de hostalería deste instituto pontevedrés, que ofrece esta modalidade educativa na cidade xunto co IES Luis Seoane

04/03/22 | 15:12 | C. de Política Social e Igualdade; A Presidencia da Xunta

Feijóo resalta o compromiso coa discapacidade cun orzamento de 142 M€, o máis elevado da historia da autonomía para acadar unha Galicia de oportunidades na que todos temos un sitio

Asevera que estes fondos buscan percorrer todas as necesidades e circunstancias das persoas que presentan algún tipo de discapacidade e avanza que para os máis pequenos superarase o medio centenar de unidades de atención temperá

04/03/22 | 15:07 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina 215.000 € aos custos de persoal e á dotación de equipamento do novo xulgado do Mercantil da Coruña

O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, visitou esta mañá xunto co presidente do TSXG, José María y Díaz-Castroverde, o novo órgano xudicial que comezou a funcionar esta semana e será atendido por 6 traballadores da Administración de Xustiza

04/03/22 | 14:59 | C. de Sanidade

Galicia activará o vindeiro luns o novo protocolo de identificación e manexo dos contactos estreitos da covid

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, destacou a importancia que supón este cambio no protocolo e fixo unha chamada ao sentidiño, posto que nos últimos días o sistema de rexistro da Consellería de Sanidade está a alertar dun incremento no número de casos

04/03/22 | 14:40 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora co concello do Porriño na restauración do templete orixinal de Antonio Palacios e da súa contorna

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, destacou a importancia desta actuación para poñer en valor o legado do arquitecto porriñés e atraer ao concello a turistas e peregrinos do Camiño Portugués a través dunha das súas obras máis emblemáticas