Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

07/03/22 | 13:17

Luis López destaca o “forte compromiso” da Xunta co emprendemento feminino, xa que destinará 34 M€ ao plan ‘Emprega Muller’

O delegado territorial en Pontevedra, Luis López, informou deste investimento, entre o que se inclúe a cifra máis alta da historia do programa Emega, nunha dobre visita á ilustradora Eva Pena e á técnica deportiva Rita Graciela Collazo, beneficiarias desta orde de axudas no ano 2021

07/03/22 | 13:14

A Xunta destinará 2 M€ a unha nova convocatoria do programa Rexurbe co fin de adquirir inmobles para rehabilitar e construír vivendas protexidas

Ferrol será un dos municipios nos que a Consellería ten intención de mercar este ano máis edificios en estado de abandono ou deteriorados, que se sumarán aos 19 inmobles adquiridos xa en Ferrol Vello no marco de convocatorias anteriores

07/03/22 | 13:02

A Xunta organiza sesións de contacontos en 35 centros escolares de infantil e primaria para achegar o papel de galegas referentes á poboación nova

A actividade iníciase hoxe en tres centros de Porto do Son (A Coruña): o CEIP Portosín, o CEIP de Seráns e o CEIP Plurilingüe de Campanario

07/03/22 | 13:00

A Xunta avoga por que a mocidade elixa seus proxectos vitais e profesionais sen condicionantes de xénero

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou hoxe no V Congreso escolar polas igualdades que organiza o IES Maruxa Mallo de Ordes

07/03/22 | 12:39

Galicia xa conta con máis mulleres promotoras de novas cooperativas que homes e supera o seu obxectivo fixado na Estratexia Galega de Economía Social

En 2021 o 50,79% das cooperativas foron iniciativa de galegas, un 13% máis que dous anos atrás, en 2019

07/03/22 | 12:37 | C. do Medio Rural

A Xunta distribuíu 16,7M€ en axudas para mellorar as explotacións agrogandeiras e incorporar a un centenar de mozos ao sector en Lugo

O delegado territorial, Javier Arias, lembrou que está aberto o prazo para solicitar novos apoios ao abeiro destes programas

07/03/22 | 12:35 | C. de Economía e Industria

A Xunta leva a Ribeira a exposición de fotografías Enredadas sobre a diversificación do oficio tradicional das redeiras galegas

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, e a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, visitaron esta mañá a mostra, que estará aberta ao público no Mercado Municipal ata o 17 de marzo como parte do programa de actividades do Concello de Ribeira para celebrar o 8 de marzo

07/03/22 | 12:05 | C. do Medio Rural

A Xunta e o Estado investirán 36 M€ para potenciar o agro na Limia de xeito sustentable grazas ás xestións do Goberno galego

Destes fondos, 16 millóns servirán para modernizar o regadío, outros catro -aportados pola Xunta- serán para a construción de 42 pozos e os 16 restantes foron xestionados polo Goberno galego ante Madrid para a limpeza das canles e dos camiños paralelos

07/03/22 | 11:59 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta abre o prazo para acollerse ao plan de investimentos para a construción, reforma ou ampliación de equipamentos sociais municipais

Destinaranse máis de 18,5 millóns de euros á creación ou renovación de residencias de maiores, centros de día, vivendas comunitarias ou centros sociais de xestión municipal