19/11/22 | 10:09 | Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes A Xunta abre novas convocatorias para estadías de investigación e publicacións científicas na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal co programa ‘Iacobus’
A iniciativa diríxese a persoal docente e investigador, investigadores pre e posdoutorais, e persoal de administración e servizos das universidades, institutos politécnicos e centros tecnolóxicos da Eurorrexión
O investimento ascende a 200.000 euros, dos que 150.000 se destinan ás estadías e 50.000 ás publicacións
As persoas interesadas poden presentar candidatura ata o 16 de decembro