Xunta de Galicia
Xacobeo 2021

Hemeroteca

Novas publicadas hai máis de seis meses

Novas publicadas hai máis de seis meses

Ten dispoñibles para consulta 2719 novas da área temática Goberno galego :
Referencia do Consello da Xunta celebrado hoxe en San Caetano

10/10/18 | 14:44  | A Presidencia da Xunta

Referencia do Consello da Xunta celebrado hoxe en San Caetano

escoitar
Feijóo propón encarar a Galicia do Xacobeo 21 con orgullo, cun crecemento ordenado e igualitario e menos impostos

09/10/18 | 13:39  | A Presidencia da Xunta

Feijóo propón encarar a Galicia do Xacobeo 21 con orgullo, cun crecemento ordenado e igualitario e menos impostos

Anuncia que o Consello de mañá aprobará o teito de gasto para o vindeiro ano e pide a colaboración da Cámara para que a próxima semana, dentro do prazo legal, se poidan levar ao Parlamento os orzamentos de Galicia para 2019

“O ano que vén Galicia será unha das comunidades con menos impostos para mercar vivenda habitual usada, e a máis barata no caso dos mozos, familias numerosas e persoas con discapacidade”, afirma

Precisa que no debate de orzamentos concretarase o alcance da política fiscal para este exercicio, garantindo o mantemento dos beneficios fiscais que están en vigor e co deseño de novas baixadas nos impostos cedidos

Recorda que os beneficios fiscais de carácter social implantados ou mantidos pola Xunta desde 2009 deixaron máis de 1100 millóns no peto dos galegos

UNHA GALICIA CON MÁIS BENESTAR

Avanza un Plan de atención ás persoas sen fogar coas entidades que traballan con elas e a aprobación dun decreto para: cobrar máis dunha Risga por domicilio en determinados casos e compatibilizar o cobro dunha parte da renda social cun salario

Asegura que Galicia é a comunidade co sistema educativo máis inclusivo de España; con máis prazas públicas de atención á discapacidade e cunha convocatoria de oposicións pioneira para este colectivo

Confirma que se adianta a este ano o obxectivo marcado para toda a lexislatura de 60.000 dependentes atendidos e pide ao Goberno central que financie a súa parte, xa que a Xunta inviste tres veces máis que este en dependencia

Subliña que a Xunta incrementará a partir de 2019 as axudas para coidador ou asistente persoal entre un 10 e un 15%, co fin de que os maiores poidan envellecer na súa contorna

Garante o compromiso de construír nesta lexislatura sete residencias en cada unha das grandes cidades e ampliar o Bono Autonomía en Residencia para que chegue ao 100% dos solicitantes e cun incremento de entre o 20% e o 75%

Debido á incidencia do envellecemento na Sanidade Pública, anuncia unha Estratexia Galega de Cronicidade, un Plan de hospitalización a domicilio e unha Lei de ordenación farmacéutica que adaptará o mapa de farmacias ás condicións actuais

Constata que o impulso á renovación das infraestruturas sanitarias non se limita aos hospitais públicos, senón que se estende a atención primaria

Reitera que o modelo de financiamento autonómico co que se costean os servizos públicos debe ser xusto e insiste en que a reforma é un asunto prioritario que cómpre abordar sen dilacións

Neste 2019 Galicia será a primeira comunidade de Europa en contar cunha Lei de impulso demográfico e ampliarase o Bono Coidado

Resalta que máis de 11.000 empregados públicos se benefician da flexibilidade horaria e máis de 200 acolléronse ao teletraballo e salienta que o Plan de conciliación e corresponsabilidade levarase ao ámbito municipal en 2019

Avanza unha campaña de concienciación ás empresas para que adopten uns horarios máis racionais e flexibles, que permitan que as familias galegas teñan máis tempo para pasar xuntas

Lembra que 2018 é o terceiro ano consecutivo no que crecen os soldos dos empregados públicos e garante que volverán percibir o 100% das súas retribucións cando se atopen en situación de incapacidade temporal

“Ampliaremos aos 16.500 empregados da Administración xeral un sistema de carreira profesional semellante ao da Sanidade, que valore a experiencia, os coñecementos e o compromiso cun sistema de ascensos e graos retribuídos”, di

Confirma que se seguirá traballando por uns edificios xudiciais propios do século XXI, completando o Plan de Infraestruturas coas novas cidades de Xustiza en Vigo e Pontevedra e cos novos xulgados en Tui

UNHA GALICIA AMBICIOSA, QUE NON SE POÑA TEITO

Manteranse as axudas para libros de texto e material, os prezos reducidos para comedores e a maior rede de transporte escolar de toda España, ademais de avanzar no ensino dixital e plurilingüe e na formación STEM

Enxalza a aposta por converter a FP en sinónimo de ensino práctico, diversificado, de alta calidade e con moitas saídas profesionais

Para que a Universidade sexa o corazón do sistema galego de innovación, avanza un novo complemento retributivo para os docentes que transfiran coñecemento á sociedade galega

Para impulsar a innovación destaca dúas medidas: o novo Programa de Talento 2021 e un impulso ao polo tecnolóxico e industrial do sector aeronáutico que se está a desenvolver en Rozas

Co fin de seguir atraendo investimento a Galicia precisa que a Lei de acompañamento dos orzamentos que se proporá á Cámara regulará as Iniciativas Empresariais Prioritarias, que verán reducido á metade o seu tempo de tramitación

O programa de Segunda oportunidade para a mocidade que non estuda nin traballa axudará aos mozos a obter as competencias básicas e a formación dixital necesarias para introducirse no mercado laboral de hoxe

Expresa o desexo de contar coa colaboración dos sindicatos para iniciar unha nova etapa do diálogo social, centrada en seguir mellorando a cantidade de emprego e tamén a calidade

Resalta a necesidade de afianzar a sustentabilidade e a competitividade do sector, traballando para que a normativa que se produce en Europa nos sexa acaída

Aposta por seguir promovendo as empresas agroalimentarias e por reforzar a formación dos profesionais agrícolas e a investigación aplicada ao sector

O 80% da poboación vive a menos de 15 minutos dunha vía de altas prestacións, un compromiso no que se avanzará co remate da Autovía do Morrazo e da conexión do polígono de San Cibrao coa A-52, e co impulso doutras infraestruturas necesarias como a continuidade da Autovía da Costa da Morte, a ponte de Viveiro ou a conversión en autovía do tramo Lugo-Sarria

Esta lexislatura será tamén a da gran transformación da mobilidade en Galicia, coa implantación da segunda fase do Plan de transporte público

Se desde 2016 os máis novos xa se benefician da gratuidade nas liñas de transporte metropolitano, Feijóo anuncia o compromiso de estender a gratuidade do autobús a menores de 19 anos ao resto de Galicia e moi especialmente ao rural

Insiste en que Galicia merece que se cumpra coa palabra que se lle deu e que as obras do AVE rematen no último trimestre de 2019: “Non hai tempo que perder, senón tramos que rematar”

UNHA GALICIA QUE SE QUEIRA MÁIS A SI MESMA

Reitera o compromiso de ordenar a expansión urbanística e de priorizar sempre a rehabilitación fronte a novas construcións, estendendo a novas zonas o Plan Rexurbe

Destaca o traballo realizado pola Xunta para lograr o completo saneamento das rías galegas nesta década

Para incentivar a reciclaxe, proporase que o canon de Sogama se rebaixe nun 10 % para aqueles municipios que certifiquen maior compromiso coa redución e separación dos residuos e sempre que repercutan esa redución no recibo que pagan os veciños

No relativo ao canon da auga que fixan os concellos, seguirase defendendo que as ordenanzas fiscais municipais premien aos cidadáns que fan un consumo máis racional

A Xunta proporá ao Goberno central declarar o abastecemento de Vigo de interese xeral do Estado, para acometer as obras necesarias coa máxima axilidade e coa máxima colaboración

Feijóo recorda o paquete de medidas elaborado para responder ante calquera situación excepcional en materia de auga e convida á Fegamp “a prepararnos xuntos”, ofrecéndolle un Pacto da Auga

Transmite a posibilidade de replicar un modelo semellante ao que se ten con Sogama para os residuos que garanta un único sistema de subministro e de tarifas para toda Galicia

Destaca o labor dos equipos de prevención e extinción e a importancia do Pacto Forestal, do que precisa que, antes de finalizar o ano, se cumpriran 28 das 30 medidas que contén

Avoga por ser capaces de sacarlle rendemento ao monte de forma respectuosa e axeitada e aposta por impulsar ás sociedades de fomento forestal e axilizar os procesos de concentración parcelaria

Sobre a Lei de fomento da mobilización da terra produtiva de Galicia, confirma que o Goberno galego xa está a traballar coa previsión de remitila á Cámara no próximo período de sesións


XACOBEO 2021, UNHA CUESTIÓN DE PAÍS

Ve no Xacobeo 2021 unha oportunidade histórica para amosar a nosa forma de ser: “É o momento para universalizar a nosa mensaxe: Galicia é calidade”

Feijóo concibe o ano santo como un proxecto aberto: a todos os partidos, para o que propón a creación dun grupo de traballo; ao Goberno central, mantendo os compromisos e implicándose na preparación; e a todos os galegos, co lanzamento do espazo O teu Xacobeo, onde facer achegas

Anuncia que a Estratexia da Cultura Galega se presentará nas vindeiras semanas

Defende a necesidade de protexer e difundir aos autores e artistas galegos, históricos e contemporáneos, a través da creación do Legado artístico de Galicia

UNHA GALICIA DECIDIDA A LOGRAR MÁIS IGUALDADE

Insiste en que o pacto lanzado a nivel nacional contra a violencia de xénero “convócanos a todos” e sinala que o vicepresidente acudirá a próxima semana ao Senado en representación de todas as comunidades por este tema

Destaca a posta en marcha de máis instrumentos para as vítimas, como as Oficinas de Atención e unha quenda de oficio de psicólogos; un programa de axudas aos menores de 25 anos que sufran esta lacra; máis programas de educación aos mozos e un Plan contra as agresións sexuais

Defende a necesidade de seguir mellorando as competencias lingüísticas dos galegos, para tal fin, a Xunta está a facer unha importante aposta para que os certificados Celga —e a formación necesaria para obtelos— poidan obterse en liña

Para seguir promovendo o uso do galego, especialmente entre a mocidade e no ámbito urbano, salienta a posta en marcha dunha innovadora campaña de promoción en festivais de verán

Afirma que “máis Europa, máis España, máis Galicia”, son os tres vértices do modelo galego de autogoberno “que nos propoñemos afianzar”

Ante unha posible reforma da Constitución, sostén que non é axeitado embarcar ao país nun proceso tan arduo sen coñecer a ruta, o destino e a tripulación

O presidente comprométese a seguir defendendo Galicia, reivindicando a política que antepón os intereses xerais por riba dos partidistas ou das ambicións persoais, así como os espíritos das Transicións española e galega e a figura de Albor
 

escoitar
Manuel Vila toma posesión como novo secretario xeral técnico da Consellería de Cultura e Turismo

05/10/18 | 15:31

Manuel Vila toma posesión como novo secretario xeral técnico da Consellería de Cultura e Turismo

Ata o momento era subdirector xeral de Ordenación, Innovación Educativa e Formación do Profesorado

escoitar

04/10/18 | 16:28  | A Presidencia da Xunta

Referencia do Consello da Xunta celebrado hoxe en San Caetano

escoitar
Feijóo enxalza a vocación vangardista e aperturista do CGAC e o seu compromiso nestes 25 anos co talento artístico de Galicia

27/09/18 | 20:41  | A Presidencia da Xunta

Feijóo enxalza a vocación vangardista e aperturista do CGAC e o seu compromiso nestes 25 anos co talento artístico de Galicia

Asevera que este singular edificio segue a cumprir as súas dúas funcións máis importantes: ser dínamo e escaparate da produción artística galega; e achegar a cultura a todos os galegos

Lembra que o próximo Ano Santo, tras a ampliación do Museo do Pobo galego, Galicia contará cun importante polo cultural en pleno casco histórico de Santiago
 

escoitar
Feijóo renova o compromiso cunha Xunta solvente, responsable e cumpridora

27/09/18 | 19:47  | A Presidencia da Xunta

Feijóo renova o compromiso cunha Xunta solvente, responsable e cumpridora

Incide en que Galicia volveu cumprir os obxectivos de estabilidade orzamentaria

Refírese á solvencia e á credibilidade como dúas calidades fundamentais para ter éxito no ámbito da xestión pública como privada

Asevera que grazas á política responsable, Galicia sitúase entre as comunidades cun maior esforzo en investimentos; é a autonomía que paga en menos tempo a provedores
 

escoitar
Feijóo nomea un novo Goberno que traballará na segunda parte da lexislatura pensando non só nos galegos de hoxe, senón tamén nas vindeiras xeracións

27/09/18 | 12:36  | A Presidencia da Xunta

Feijóo nomea un novo Goberno que traballará na segunda parte da lexislatura pensando non só nos galegos de hoxe, senón tamén nas vindeiras xeracións

Salienta que o lema asumido en 2016 segue mantendo toda a súa vixencia: Galicia, Galicia, Galicia

Precisa que un dos principais cometidos da nova Consellería de Cultura e Turismo é a preparación do Xacobeo do ano 2021; unha oportunidade única para amosar ao mundo a comunidade como é: unha terra acolledora, cunha rica cultura

Explica que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade unifica todas as competencias en obras públicas, ao incorporar tamén as infraestruturas hidráulicas

Resalta que as competencias en vivenda e rehabilitación quedan agrupadas no mesmo departamento que o urbanismo e a paisaxe, o que facilitará unha política integral de harmonización urbanística e ordenación do territorio

Subliña que coa nova Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional a xestión da Educación Pública deixa de ser unha das principais preocupacións desta consellería para converterse na única prioridade

Asevera que Política Social seguirá a ser un departamento prioritario, co obxectivo de seguir construíndo unha Galicia mellor para nacer, para conciliar e para envellecer; unha Galicia atenta ás necesidades dos seus veciños

Do novo conselleiro do Medio Rural, José González, destaca o seu rigor e a súa capacidade de diálogo; calidades que fixeron posible pechar o ditame da Comisión de estudo de incendios e política forestal

Refírese tamén aos retos que terán que afrontar o resto das consellerías en eidos tan importantes como o económico, o sanitario ou o mar

Agradece o traballo e o compromiso dos ex-conselleiros Beatriz Mato e José Manuel Rey
 

escoitar
O presidente da Xunta renova o Goberno galego

26/09/18 | 13:36  | A Presidencia da Xunta

O presidente da Xunta renova o Goberno galego

escoitar
A Xunta e o Banco Santander asinan un convenio para plantar 105.000 bidueiros

24/09/18 | 14:32  | A Presidencia da Xunta

A Xunta e o Banco Santander asinan un convenio para plantar 105.000 bidueiros

A entidade financeira achegará 800.000 euros para levar a cabo actuacións de rexeneración ambiental e paisaxística

Ademais de introducir frondosas caducifolias autóctonas, vanse crear superficies de prado que actúen como cortalumes natural
 

escoitar
Insira un texto para a busca:
En todo o contido
Presentación de resultados
Ordenar
Número de resultados por páxina: