- Inicio
- Goberno e institucións
- Consellerías
-
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
- Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
- Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
- Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
- Consellería de Política Social e Igualdade
- Consellería de Economía e Industria
- Consellería de Facenda e Administración Pública
- Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
- Consellería de Sanidade
- Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
- Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
- Consellería do Medio Rural
- Consellería do Mar
- Sistema voluntario de créditos de carbono
-
Manifestación de interese
- Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
MANIFESTACIÓN DE INTERESE
IDENTIFICACIÓN TIPOLOXÍA DE ACTIVIDADES
CONVOCATORIA DE MANIFESTACIÓN DE INTERESE
ACHEGAR SUXESTIÓNS DE MELLORA
O pasado 12 de novembro de 2025, a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático abriu unha convocatoria de Manifestación de Interese (MdI), que permaneceu aberta ata o 12 de decembro de 2025, co obxectivo de avanzar na posta en marcha do sistema e na folla de ruta que permitirá aprobar as primeiras metodoloxías e inscribir proxectos galegos de absorción ou redución de carbono.
Esta iniciativa tiña como finalidade identificar as tipoloxías de actividades sobre as que comezar a traballar, así como definir os sectores prioritarios nos que a Xunta de Galicia debe focalizarse para a aprobación das primeiras metodoloxías do sistema, e posteriormente poder recibir proxectos para a súa inscrición no rexistro e incorporación ao sistema.
Como resultado da MdI, recibíronse 37 achegas de diferentes sectores: colexios profesionais oficiais, clústeres, empresas, e particulares de diversos sectores como forestal, agrícola- gandeiro, marítimo pesqueiro, xestión de residuos, e enerxía, que pon de manifesto o alto interese no desenvolvemento deste mercado e a transversalidade deste sistema.
|
Sectores |
Nº entradas |
% |
|
Forestal |
11 |
29,7 |
|
Agrícola- Gandeiro |
4 |
10,8 |
|
Marítimo- Pesqueiro |
4 |
10,8 |
|
Transición enerxética |
10 |
27,0 |
|
Xestión de residuos |
4 |
10,8 |
|
Outros |
4 |
10,8 |
|
Total |
37 |
|
De todas as achegas, 10 foron sobre metodoloxías ou propostas para participar no seu desenvolvemento e 25 foron sobre proxectos que se están a realizar ou nos que as persoas estarían interesadas en participar.
|
Interese |
Nº entradas |
% |
|
Metodoloxías |
10 |
27,0 |
|
Proxectos |
25 |
67,6 |
|
- |
2 |
5,4 |