A Xunta pon de relevo as medidas e o campus formativo a prol da igualdade laboral en Galicia
2024-03-07
/documents/35297/519381/20240307+DXRRLL+Resonac.jpeg?version=1.0&imagePreview=1
A Coruña, 7 de marzo de 2024
A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, participou esta mañá na mesa redonda Transformando juntas el futuro organizada na Coruña por Resonac Graphite Spain. Alí, sinalou que Galicia é unha das comunidades con máis medidas activadas a prol da igualdade laboral, con axudas para a implantación de plans de igualdade ou a prol da conciliación da vida persoal, familiar e laboral.
Así mesmo, referiuse ao campus virtual en igualdade laboral da Xunta que conta xa con máis de 5.000 persoas usuarias que poden acceder a diversos cursos e talleres sobre igualdade laboral, prevención e tratamento do acoso por razóns de sexo ou sobre protección integral da liberdade sexual e da integridade moral no traballo.
Departamento:
C. de Emprego, Comercio e Emigración
Data de actualización: 07/03/2024