Rivo sinala a aposta da Xunta polo emprego inclusivo porque abre as portas ao benestar e xera autonomía

Ourense, 3 de abril de 2024

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, participou hoxe na inauguración da tenda Moda Re de Ourense, un proxecto de economía social xestionado por Cáritas que aposta polo emprego inclusivo, o coidado das persoas máis vulnerables e o fomento do consumo responsable co coidado do medio ambiente. Son espazos solidarios enfocados a crear oportunidades laborais para as persoas en risco de exclusión social, á vez que se dignifica a entrega de roupa ás persoas vulnerables, contribuíndo a crear unha sociedade máis xusta, igualitaria e sostible.

Os valores que se promoven a través deste proxecto son os que se fomentan na Xunta de Galicia a través da Estratexia Economía Social Horizonte 2027. O Goberno galego avoga polo emprego inclusivo porque abre as portas ao benestar e xera autonomía.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 03/04/2024