Activo un incendio forestal no concello coruñés de Rois, parroquia de Herbogo

Segundo as últimas estimacións, o lume afecta unha superficie de máis de 20 hectáreas

Santiago de Compostela, 22 de abril de 2024

A Consellería do Medio Rural informa dun incendio forestal, activo arestora, no concello coruñés de Rois, parroquia de Herbogo, que segundo as últimas estimacións supera as 20 hectáreas de superficie afectada.

O lume iniciouse ás 17,54 h. desta tarde e polo de agora mobilizáronse para a súa extinción 3 técnicos, 8 axentes, 6 brigadas, 4 motobombas,2 pas, 3 avións e 5 helicópteros. 

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Data de actualización: 22/04/2024