Extinguido o incendio forestal do concello de Cerdedo-Cotobade, parroquia de Caroi

O lume iniciouse ás 1,06 horas da madrugada do martes e afectou unha superficie de 32,1 hectáreas, das cales 12 se corresponden a monte arborado e 20,1 a raso

Santiago de Compostela, 23 de abril de 2024

A Consellería do Medio Rural informa de que o lume do concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade, parroquia de Caroi, quedou extinguido 12,48 h de hoxe.

O lume iniciouse ás 1,06 horas da madrugada deste martes e afectou unha superficie de 32,1 hectáreas, das cales 12 se corresponden a monte arborado e 20,1 a raso. Para a súa extinción mobilizáronse 2 técnicos, 10 axentes, 24 brigadas, 11 motobombas, 1 pa, 2 avións e 3 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Data de actualización: 24/04/2024