A Xunta e o concello da Laracha analizan posibles vías de colaboración para a promoción de produtos agroalimentarios

Santiago de Compostela, 12 de maio de 2024

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, reuniuse esta semana co alcalde da Laracha, José Manuel López, e a concelleira de Promoción Económica desta localidade coruñesa, Rocío López, para tratar asuntos de interese para o concello.

Esta xuntanza serviu para avaliar posibles vías de colaboración entre ambas institucións no eido da promoción de produtos agroalimentarios, un importante sector da economía tanto deste concello como da galega.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 12/05/2024