A Xunta asiste ao inicio das obras da nova residencia e centro de día municipal de Carballedo, en Cerdedo-Cotobade

O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, acudiu ao acto acompañado do delegado territorial do Goberno galego en Pontevedra, Agustín Reguera

Cerdedo-Cotobade (Pontevedra), 10 de maio de 2024

O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, destacou hoxe a forte aposta que se está a facer en Cerdedo-Cotobade por dotar ás persoas maiores dos servizos que necesitan. Fíxoo no inicio das obras da futura residencia e centro de día municipais de Carballedo, cuxa construción e xestión dependen do concello. Ao acto tamén asistiu o delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, Agustín Reguera.

Perfecto Rodríguez e Agustín Reguera acompañaron ao alcalde, Jorge Cubela, neste acto e destacaron que este novo equipamento suporá outro impulso na mellora dos coidados sociosanitarios no municipio. O xerente do Consorcio lembrou que desde fai un ano está a pleno funcionamento a nova residencia de maiores da Xunta en Cerdedo, en cuxa construción e equipamento investíronse máis de dous millóns de euros.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 10/05/2024