A Xunta e a Asociación Aspnais de Lugo abordan posibles vías de colaboración para a promoción dos produtos de proximidade do agro galego

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, visitou esta semana na cidade das murallas as instalacións desta entidade social dedicada á favorecer a integración de persoas con discapacidade intelectual

Santiago de Compostela, 11 de maio de 2024

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, visitou esta semana as instalacións da Asociación de Pais ou Titores de Persoas con Discapacidade Intelectual de Lugo, Aspnais.

Neste encontro, a conselleira destacou a posibilidade de abrir diferentes vías de colaboración entre esta entidade e a Xunta para favorecer a promoción de produtos alimenticios de proximidade, fomentando así a comercialización das producións de calidade do agro galego mediante a cooperación público-privada.

Ademais, María José Gómez puxo en valor o labor social que vén desenvolvendo Aspnais en materia de integración de persoas con discapacidade e avogou por un rural vivo, dinámico e aberto a todos os colectivos, poñendo como exemplo o traballo que realiza esta asociación en Lugo. Agradeceu, neste sentido, a boa disposición dos integrantes de Aspnais para afondar nesas diversas liñas de colaboración a prol do agro galego.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 11/05/2024