Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 32.778 novas:

02/03/2026 | 17:25 | C. de Sanidade

O seguimento na quenda de tarde da folga de facultativos de atención primaria acada o 5,96 % na sanidade pública galega

A Consellería de Sanidade insta ao sindicato O'Mega a sumarse ao acordo maioritario sobre atención primaria para evitarlles a pacientes e profesionais os efectos dun paro indefinido

02/03/2026 | 16:51 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta aborda co concello de Oza-Cesuras novas vías de colaboración na atención aos maiores

Fabiola García lembrou que o Goberno galego destina 320.000 euros a sufragar neste concello as axudas do bono coidado no fogar

02/03/2026 | 16:48 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García traslada ao alcalde de Cartelle o compromiso da Xunta cos servizos sociais no rural

A conselleira de Política Social e Igualdade avanzou que grazas ao acordo da Xunta e a Fegamp este municipio recibirá 514.000 euros ata 2028, o que supón unha inxección de máis de 151.000 euros para o servizo de axuda no fogar

02/03/2026 | 16:39 | Axencia de Turismo de Galicia

A Sociedade Anónima do Plan Xacobeo galardoada co Premio Servir dos Clubs Rotarios de Galicia

O recoñecemento premia o traballo da entidade xacobea na posta en valor do Camiño de Santiago e a experiencia de peregrinación

02/03/2026 | 16:38 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta e o Concello de Ribeira avanzan no proxecto da construción da residencia de maiores nunha parcela de titularidade municipal

Fabiola García comprometeuse a visitar os terreos proximamente para avaliar a localización e a súa idoneidade

02/03/2026 | 15:37 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 5 ofertas para a redacción do proxecto de interese autonómico para desenvolver solo residencial para 400 vivendas no concello de Marín

Desenvolverase un ámbito en Raposeiras, e das 400 vivendas, un 80% estarán sometidas a algún réxime de protección pública

02/03/2026 | 15:21 | C. de Economía e Industria

O emprego industrial bate récords en Galicia con 192.300 persoas ocupadas e un crecemento do sector que xa supera en case catro puntos a media de España

Rueda salienta que os datos “avalan as políticas da Xunta” para atraer novos investimentos e facer medrar as empresas xa asentadas en Galicia

02/03/2026 | 15:07 | A Presidencia da Xunta; C. de Política Social e Igualdade

Rueda anuncia que a Xunta comeza a tramitación do anteproxecto da primeira Lei galega de infancia e adolescencia

Salienta que o obxectivo é “reforzar a protección e atención dos menores” e “poñer a infancia no centro de todas as políticas” da Administración