Belén do Campo escoita as propostas do Consello Galego de Mediadores de Seguros para traballar xuntos en beneficio deste colectivo
A Coruña, 6 de setembro de 2024
A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, mantivo esta mañá un encontro co presidente do Consello Galego de Mediadores de Seguros, Juan Manuel Sánchez-Albornoz. No encontro a representante do Goberno galego trasladoulle o compromiso de colaboración da Xunta coa entidade e a súa confianza de traballar xuntos en beneficio de todos os galegos e galegas.
Na reunión abordáronse os retos aos que se enfronta a mediación na sociedade actual e os obxectivos deste organismo autonómico de supervisión que representa á profesión do mediador de seguros en Galicia. Neste senso, analizaron as dificultades se aseguramento en diversos sectores industriais de Galicia e a preferentemente no ámbito rural.
A delegada resaltou o papel fundamental que realiza este sector para facilitar a conexión entre os clientes e as compañías de seguros e puxo en valor a importancia destas reunións porque axudan a avanzar nos retos de futuro para protexer e optimizar o traballo que desempeña este colectivo.