Xunta e Solo Empresarial do Atlántico abordan vías de colaboración para fomentar o asentamento de novas empresas en Galicia
2024-10-22
/documents/35297/1475857/20241022+SXEISEReuni%C3%B3nSEA.jpeg?version=1.0&imagePreview=1
Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2024
O secretario xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, Nicolás Vázquez, e a xerente da sociedade Solo Empresarial do Atlántico, Beatriz Sestayo, mantiveron hoxe un encontro no que abordaron posibles vías de colaboración para fomentar a implantación de novas empresas en Galicia ou a ampliación das que xa están asentadas na Comunidade. Trátase de impulsar novos sectores industriais estratéxicos; detectar e integrar novas cadeas de valor; promocionar a formación, a atracción de talento e o emprego de calidade; e mellorar a competitividade da industria galega.
Data de actualización: 22/10/2024