A Xunta apoia a cuarta edición da Feira do Cabalo que se celebra este domingo en Lourenzá

Lourenzá (Lugo), 24 de outubro de 2024

A Xunta de Galicia apoia a cuarta edición da Feira do Cabalo que se celebrará este domingo en Lourenzá, organizada polo Concello. O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou hoxe na presentación da cita, que “reivindica a tradición cabalar desta zona -afirmou-, ao tempo que se converte en reclamo turístico e contribúe á dinamización económica local”.

Na feira, que comezará ás 9.00 horas, venderase gando equino e asnal. Ao longo da xornada sucederanse tamén competicións, como probas aparexadas de andadura serrada e chapeada ou concurso morfofuncional de poldros.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 24/10/2024