Miranda reúnese co embaixador de España na República Dominicana para reforzar a colaboración institucional en apoio aos galegos do exterior
Santo Domingo (República Dominicana), 24 de outubro de 2024
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo hoxe un encontro co embaixador de España na República Dominicana, Antonio Pérez-Hernández, no que abordaron temas de interese común para a colectividade galega residente no país. Durante a reunión, na que tamén estiveron presentes a chanceler da Embaixada, Ana Sánchez, e o presidente do Centro Galego O Noso Lar República Dominicana, Antonio Sánchez, Miranda subliñou a importancia da colaboración institucional para reforzar o apoio aos galegos que residen fóra das nosas fronteiras, especialmente a través de programas de retorno e de promoción da cultura galega.
Pola súa parte, o embaixador destacou a relevancia dos centros galegos como espazos de cohesión social e cultural, resaltando o traballo que realizan na preservación da cultura galega e na integración das novas xeracións. Ambos comprometéronse a continuar estreitando lazos para apoiar proxectos que beneficien á comunidade galega na República Dominicana.