A Xunta participa na presentación da campaña ‘Nadal en Vilanova: merca, rasca e gaña’ para dinamizar as vendas no comercio local

Vilanova de Arousa (Pontevedra), 6 de novembro de 2024

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou hoxe na presentación da campaña Nadal en Vilanova: merca, rasca e gaña, organizada pola Asociación de comerciantes de Vilanova de Arousa e que terá lugar do 9 de decembro ao 5 de xaneiro para dinamizar o comercio local e fomentar as compras de proximidade. En compañía do alcalde da localidade, Gonzalo Durán, Alén animou aos establecementos da contorna a adherirse á iniciativa que acada xa a súa quinta edición co gallo de beneficiar o tecido comercial dunhas das datas máis prósperas para o consumo.

No acto deuse conta de que se repartirán 10.000 euros en rascas que conteñen premios de 5€, 10€, 20€, 50€, 100€, 200€ e 300€ e que poderán ser aproveitados como descontos en compras na rede de establecementos participantes. Tamén haberá sorteos e promocións especiais, ademais de decoración e ambientación específica para animar aos veciños e veciñas a mercar. 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 06/11/2024