Medio Rural coñece os proxectos da asociación Prorural Galicia para impulsar o desenvolvemento económico das contornas rurais

Lugo, 8 de novembro de 2024

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, mantivo esta mañá unha reunión de traballo con representantes da asociación Prorural Galicia. A titular do departamento puido coñecer os proxectos que leva a cabo esta organización, centrados na promoción económica das contornas rurais da nosa comunidade.

Ademais, valorou positivamente a iniciativa dos Premios Prorural Galicia, impulsados por esta asociación, como unha boa oportunidade para dar visibilidade aos proxectos de desenvolvemento económico que teñen ao medio rural como protagonista.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 08/11/2024