Medio Rural estuda novas vías de colaboración coa Fundación RIA para impulsar de xeito conxunto a formación no sector agrogandeiro

Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2026

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria da Consellería do Medio Rural, Martín Alemparte, mantivo no día de hoxe unha xuntanza con responsables da Fundación RIA, con quen estudou a posibilidade de impulsar novas vías de colaboración para desenvolver de xeito conxunto a formación no sector agrogandeiro, especialmente na gandaría extensiva de ovino e caprino. 

A reunión centrouse nos módulos de aptitude empresarial agraria, que son os que deben cursar as persoas mozas que se incorporan por primeira vez á actividade a través das axudas convocadas pola Consellería. A maiores, abordáronse novas iniciativas para afondar na difusión e promoción do selo Artesanía Alimentaria, un dos diferentes distintivos de calidade dos que goza a nosa comunidade e que garante a elaboración tradicional de produtos agroalimentarios. 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 20/07/2026