A Xunta destaca a importancia de que os concellos se sumen ás iniciativas de prevención e sensibilización fronte á violencia de xénero

O director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero participou nun encontro con expertos para abordar esta materia desde todas as perspectivas

Marín (Pontevedra), 21 de novembro de 2024

O director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, Roberto Barba,  participou esta tarde na xornada organizada polo concello de Marín e o Centro de Información á Muller (CIM) da localidade onde destacou a importancia de que os municipios se sumen ás iniciativas de loita contra a violencia machista.

Roberto Barba lembrou a todos os participantes que a Xunta de Galicia pon a disposición da cidadanía todos os recursos necesarios para previr a violencia de xénero e tamén para a asistencia ás vítimas cando se produce un caso. Neste senso, destacou o traballo do persoal dos máis de 80 CIMS que hai en toda a comunidade e que prestan servizo a 200 concellos. Uns recursos que en moitas ocasións son o primeiro lugar no que se denuncian os casos de violencia machista e os primeiros en detectalos.

Así, o director xeral sinalou que o Executivo galego sempre estará a carón dos concellos para implantar medidas de prevención e sensibilización da violencia de xénero. Así mesmo, Roberto Barba fixo fincapé en que dende a Administración galega se traballa diariamente para prestar a mellor atención ás vítimas, ás que se lle garanten todos as prestacións tanto asistenciais como habitacionais que recolle a normativa galega.

Data de actualización: 21/11/2024