A Xunta pon de relevo nunha xornada da CEG sobre absentismo a importancia do diálogo social para avanzar no benestar laboral

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2024

A xerente do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), Adela Quinzá-Torroja, participou hoxe en Santiago na apertura da xornada organizada pola Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) baixo o título Benestar e produtividade: estratexias para combater o absentismo laboral desde a prevención de riscos laborais. Alí, avogou polo diálogo continuo cos axentes implicados para crear políticas rigorosas que primen o dereito á saúde co gallo de alcanzar un emprego estable e de calidade da man das empresas e dos representantes das persoas traballadoras .  

Nesa liña, a xerente do Issga considerou esencial impulsar o benestar na contorna laboral, cuestión na que se incide -recalcou- na Estratexia de seguridade e saúde no traballo de Galicia horizonte 2027. Trátase -dixo- dunha folla de ruta que senta as bases para crear contornas de traballo seguras, saudables e sustentables, avogando por situar como valores fundamentais a saúde integral das persoas traballadoras, o crecemento económico e social das empresas e organizacións e o benestar laboral.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 04/12/2024