O presidente da Xunta reuniuse cos representantes de Cáritas Federadas de Galicia

Rueda destaca o labor de asociacións como Cáritas na loita polos máis desfavorecidos

Cáritas atendeu a case 300.000 persoas na nosa comunidade no 2023

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2024

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, salientou a importancia que teñen entidades como Cáritas na loita polos máis desfavorecidos.

Así o fixo durante o encontro que mantivo cunha delegación de Cáritas Federadas de Galicia, encabezada polo Bispo de Mondoñedo-Ferrol, Mons. Fernando García, e á que foi acompañado da conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García. Na reunión tratáronse temas como a acollida das persoas migrantes ou os traballos que realiza a entidade nos barrios máis desfavorecidos.

No 2023, Cáritas atendeu a case 300.000 persoas na nosa comunidade a través dos seus distintos programas de cooperación. E, ademais das axudas ás distintas delegacións, Cáritas Federadas de Galicia recibiu case 2,3 millóns de euros en axudas procedentes da Consellería de Política Social e Igualdade.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 20/12/2024