Belén do Campo participou no Día da Universidade no primeiro ano no que a matrícula é gratuíta

A Coruña, 27 de xaneiro  2025

A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, participou nos actos organizados pola Universidade da Coruña (UDC) con motivo do Día da Universidade, no primeiro curso académico no que a matrícula universitaria é gratuíta nas universidades públicas ou centros de ensinanzas artísticas superiores do que se benefician ao redor de 20.000 estudantes galegos.

A Xunta mantén un firme compromiso co sistema universitario galego grazas os Plan galego de financiamento universitario 2022-2026, un plan plurianual -Galicia é unha das poucas comunidades autónomas que conta cunha planificación a varios anos- e consensuado que ten como obxectivo mobilizar case 3.200 millóns de euros durante a súa vixencia. O goberno galego seguirá traballando para consolidar un modelo educativo equitativo, universal e aberto.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 27/01/2025